Navegación por
Categoría: teimas

ATÉ SANTO ANDRÉ DE TEIXIDO E MÁIS ALÁ

ATÉ SANTO ANDRÉ DE TEIXIDO E MÁIS ALÁ

Dende hai case corenta anos, mesmo ao comezo ou ao remate do verán, imos dende Maniños [Fene] até Santo André de Teixido e máis alá… Logo de percorrer boa parte do territorio do concello  fenés, atravesar a Ponte das Pías [que une Fene con Ferrol], pasar polo Polígono da Gándara dirección Cemiterio de Catabois e logo Valdoviño [o da Praia da Frouseira] pola estrada da costa, aproximámonos a Cedeira por unha calzada rodeada de eucaliptos e moitas curvas. Hogano moi…

Ler máis Ler máis

PARADA E FONDA NO MONASTERIO DE PIEDRA

PARADA E FONDA NO MONASTERIO DE PIEDRA

Nas excursións que faciamos co alumnado até Barcelona, había unha parada e fonda no Monasterio de Piedra, que pertence ao concello de Nuévalos, ao sur de Zaragoza. Como a viaxe até a capital catalá sobordaba os mil quilómetros, unha pausa alí semellaba axeitada. Mesmo tiñan dentro do propio cenobio, que hogano funciona como hotel, un par de espazos adaptados para excursións escolares. O profesorado podía así pasar a noite nos cuartos habilitados daquel vedraño edificio. Ao día seguinte, pola fresca,…

Ler máis Ler máis

POR QUE NOS QUEDAMOS CO ZOO DE SANTILLANA

POR QUE NOS QUEDAMOS CO ZOO DE SANTILLANA

Ao longo da nosa vida visitamos moreas de parques zoolóxicos, moito máis cando iamos cos nosos fillos. Dos grandes salientaríamos o de Barcelona e, nomeadamente, o de Lisboa. Aos dous achegámonos un bo feixe de veces. Cabárceno [en Cantabria], que tamén visitamos, é outra cousa, e xa se encarga o mediático presidente Miguel Ángel Revilla de vulgarizalo. Porén, desta volta queremos poñer en valor o Zoo de Santillana del Mar [como di o tópico, non é santa, nin plana, nin…

Ler máis Ler máis

MANIÑOS, LUGÍN, ROQUER E A CASA DA TROYA

MANIÑOS, LUGÍN, ROQUER E A CASA DA TROYA

A histórica e pioneira cabeceira Radio Fene, que nacera en 1984 ao abeiro daquela corrente de radios ceibes que comezara en Cataluña, e que abandeirou dende os seus comezos o historiador Henrique Sanfiz, reparou no vencello de Alejandro Pérez Lugín, o autor de “La casa de la Troya” [1915], e a parroquia de Maniños [Fene]. Da súa páxina web exhumamos unha crónica abondo interesante nesa conexión [19/VII/2016]: “A parroquia de Maniños en Fene ten unha considerable presenza na novela de…

Ler máis Ler máis

SOLPOR NO SEIXO

SOLPOR NO SEIXO

Por mor desta noxenta xeira distópica e co bicho axexando en bucle, o plan B pasando estadías en Maniños [Fene] -fóra da gaiola compostelá-, atópanos case todas as semanas -denantes de empardecer- facendo camiñadas até o Seixo [parroquia de Franza, concello de Mugardos], lugar de nacemento dos egrexios da nosa familia política [léase o intrépido aviador Xosé Piñeiro, que mesmo ten un par de estatuas á súa memoria en Sanxenxo e o pintor galeguista Felipe Bello Piñeiro, que finou na…

Ler máis Ler máis

“ALBANTA” DE AUTE NO PUB ALBANTA

“ALBANTA” DE AUTE NO PUB ALBANTA

O emprendedor e cantautor Pi [Juan Hermida], a comezos dos anos 80, tivo a ben artellar o Pub Albanta na vila de Maceda, evocando aquela singular cantiga de Luís Eduardo Aute, cuxa orixe estaba nunha verba inventada por un dos seus fillos cando eran moi cativo [outrosí o seu universo paralelo ceibe]. O cantautor Pi rehabilitara a vedraña tasca do Carlos Quintas, que estaba indo cara as piscinas municipais, polo Rouso abaixo. O Pi e a súa compañeira montaran un…

Ler máis Ler máis