Navegación por
Autor: sprol

DONO ITAQUE VOBIS VILLA ILLAN QUI DICITUR MAÇANEDA, QUI EST IN TERRA DE LIMIA

DONO ITAQUE VOBIS VILLA ILLAN QUI DICITUR MAÇANEDA, QUI EST IN TERRA DE LIMIA

Eis a cerna [co titular desta achega] no vencello de Afonso X con Maceda. Tiramos outra volta do noso volume [Prol: 2009]. O padre bieito Luciano Serrano en “El ayo de Alfonso en Sabio” [BRAH, 1920], realizou un rastrexo a fondo do arquivo monacal de Villamayor de los Montes [Burgos], propiedade da familia de Garci Fernández [o preceptor de Afonso X]. Alí achou e logo exhumou un documento capital nesta pescuda, fechado en Valladolid o 18 de agosto de 1232,…

Ler máis Ler máis

FILGUEIRA TAMÉN CONECTA AO REI SABIO CON MACEDA

FILGUEIRA TAMÉN CONECTA AO REI SABIO CON MACEDA

Nas páxinas 59-61 [Prol: 2009] reparamos nun dos egrexios que mellor estudou a obra literaria de Afonso X en galego. Estamos a falar de Xosé Filgueira Valverde, un dos fundadores do Seminario de Estudos Galegos, logo director do Instituto Padre Sarmiento e do Museo de Pontevedra. Na xeira democrática presidiu o Consello da Cultura Galega, denantes fora conselleiro de Cultura con Fernández Albor e tamén membro de número da RAG. Militante do Partido Galeguista na xeira republicana, sempre lle gorentou…

Ler máis Ler máis

AFONSO X, MACEDA E OS DA XERACIÓN NÓS

AFONSO X, MACEDA E OS DA XERACIÓN NÓS

Seguimos tirando do noso volume, desta volta pra recuperar o que escribiron [sobre Afonso X o Sabio] don Ramón e don Vicente, os dous egrexios membros da Xeración Nós, que naceran no número 21 da Rúa da Paz en Ourense. Na páxina 55 de “Nobres vencellados ao Castelo de Maceda” [Prol: 2009] inserimos: Otero Pedrayo tirou do prelo o pioneiro volume de viaxes “Guía de Galicia” [1926]. Na parte descritiva do Noso País, ao chegar a Maceda aporta: “Vila antiga,…

Ler máis Ler máis

AFONSO X E MACEDA CONSONTE O ARQUIVEIRO FERRO COUSELO

AFONSO X E MACEDA CONSONTE O ARQUIVEIRO FERRO COUSELO

Do libro citado na anterior achega, “Nobres vencellados ao Castelo de Maceda [Prol: 2009], e dentro do apartado dedicado ao Rei Sabio e a súa conexión con Maceda, exhumamos hoxe un parágrafo abondo interesante [páx. 63], que mesmo ten connotacións co noso amigo, o doutor Celso Sánchez González, hogano representante nacionalista no Concello de Maceda e persoa preocupada polas causas xustas arredor de todos Nós: “En 1996 a Asociación Cultural Maçaeda da Limia tirou do prelo unha publicación na que…

Ler máis Ler máis

AFONSO X O SABIO FOI FELIZ EN MACEDA

AFONSO X O SABIO FOI FELIZ EN MACEDA

O 23 de novembro deste 2021, cúmprense 800 anos do nacemento en Toledo de Afonso X O Sabio, un rei que fixera inmersión lingüística en Maceda [bispado de Ourense], cando abeiraba os 11 anos de idade [ca. 1232]. No volume “Nobres vencellados ao Castelo de Maceda” [Prol: 2009] inserimos un delongado capítulo que titulamos “Afonso X o Sabio. A súa conexión con Maceda”. Tempo teremos de peneiralo cumpridamente nesta bitácora. Hoxe queremos recuperar un parágrafo inserido nas páxinas 64 e…

Ler máis Ler máis

O GLORIANA FAI A ROTA EN MEMORIA DE JOÃO DA NOVA

O GLORIANA FAI A ROTA EN MEMORIA DE JOÃO DA NOVA

Con este título, na sección da Hemeroteca do xornal La Voz de Galicia en Ourense [22/02/2018], lembran o comezo da viaxe do veleiro Gloriana, 20 anos antes, que procuraba “a rota dos portugueses”. Naquela altura nós estabamos investigando a fondo ao mariño da casa nobiliaria de Maceda, que callaría no pioneiro, sólido e referente volume “João da Nova, un mariño galego ao servizo da Coroa de Portugal” (Santiago Prol, 2002), que tivo a ben publicar a Deputación Provincial de Ourense….

Ler máis Ler máis