A NAVALLA DO MANUEL

A NAVALLA DO MANUEL

A Irmandade Manuel María, o 8 de setembro de 2016, entregoulle “A navalla do Manuel” no cemiterio de Outeiro de Rei, ao ex crego Antón Gómez que ía en representación da familia e dos amigos de Francisco Carballo. A loa correra a cargo do presbítero Rubén Aramburu, amigo de Carballo nas terras do Morrazo e persoa abondo comprometida en clave Nosa. O seu discurso titulouno “Paco Carballo, a Patria feita corazón”. Desta volta, ao abeiro do sétimo cabodano do seu…

Ler máis Ler máis

HOMILÍA FUNERAL EN SALAMANCA

HOMILÍA FUNERAL EN SALAMANCA

O día 1 de decembro de 2014, concelebraron a homilía funeral polo falecemento do presbítero ilustrado de Maceda, no megacentro que a Congregación da Misión Vicente de Paúl ten en Santa Marta de Tormes, perto da cidade de Salamanca. A mediados dos anos 60, Francisco Carballo deixou Barakaldo pra asumir un novo reto como reitor do teologado dos Paúles en Salamanca, ao abeiro do arrecendo do Concilio Vaticano II, onde procurou abrir fiestras aos novos teólogos que tanto as demandaban….

Ler máis Ler máis

AO ABEIRO DOS SETE ANOS DO SEU PASAMENTO

AO ABEIRO DOS SETE ANOS DO SEU PASAMENTO

O 29 de novembro de 2014, Francisco Carballo -como diría o seu amigo Xosé Luís Méndez Ferrín- pasou á outra banda do esquezo. Deixábanos con 89 anos lonxe da súa Galiza, aínda que en terras coñecidas, habitadas e pateadas [en Salamanca estivera dende 1965 até 1973 como reitor do teologado de Santa Marta de Tormes]. Regresou alí -xa moi magoado- ao abrollar o 2014 [ao que unha enfermeira que o coidaba nos dixo que “era o cemiterio de elefantes dos…

Ler máis Ler máis

LEMBRANZA POLO PASAMENTO

LEMBRANZA POLO PASAMENTO

Xosé Manuel González Pérez, profesor lucense que a finais dos anos 70 traballou no staff do semanario A Nosa Terra, fixo unha lembranza sobre Francisco Carballo no Facebook o 29 de novembro de 2014, xusto o día no que finou en Salamanca con 89 anos de idade. Rescatou o telegráfico texto Xan Carballa, pasóunolo e vulgarizámolo na bitácora. Beizón!: “Rexo sempre, sorriso e voz de labrego cando viña pola redacción compostelá do semanario A Nosa Terra, na República del El…

Ler máis Ler máis

FRANCISCO CARBALLO, UN DOS IMPRESCINDÍBEIS

FRANCISCO CARBALLO, UN DOS IMPRESCINDÍBEIS

O escritor e teólogo Victorino Pérez Prieto publicou no núm. 15 de AREAL [14/10/2017], -a revista da Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo de Sada-, un sentido traballo. Imos recuperar desta volta anacos salientábeis da súa loa: “Francisco Carballo, cura, historiador, intelectual, profesor e home comprometido pastoral, social e politicamente co pobo galego, foi unha das figuras fundamentais na cultura e na sociedade galega contemporánea. Incansábel promotor de iniciativas. Tamén investigador e divulgador da Igrexa e a Historia de Galiza. O…

Ler máis Ler máis

O DOUTOR CELSO SÁNCHEZ, AFONSO X O SABIO, TOLEDO E MACEDA

O DOUTOR CELSO SÁNCHEZ, AFONSO X O SABIO, TOLEDO E MACEDA

Cun aceno eloxiábel e abondo transversal, o rexedor de Maceda [Rubén Quintas] delegou no doutor Celso Sánchez a representación do Concello de Maceda na constitución [en Toledo] da COMISIÓN DE POBOS E CIDADES PROMOTORAS DO VIII CENTENARIO DO NACEMENTO DE AFONSO X O SABIO [CIUDADES ALFONSÍES]. Esta arañeira estivo promovida pola Federación Española de Municipios e Provincias [FEMP]. A teima aséntase en facilitar un maior coñecemento dos lugares vencellados con Afonso X. Outrosí en apoiar e vulgarizar actividades conxuntas a…

Ler máis Ler máis