Navegación por
Categoría: bitacora

ST. HELENA / THE CITY OF JAMESTOWN to LIVE, WORK & EXPLORE

ST. HELENA / THE CITY OF JAMESTOWN to LIVE, WORK & EXPLORE

A mediados de 2023, para impulsar a promoción da capital da illa que descubrira o galego João da Nova en 1502, as autoridades locais vulgarizaron un singular proxecto videográfico de 13´ 52´´. Aínda que fora atopada polo nauta vencellado á Casa nobiliaria de Maceda (Ourense, Galiza) ao servizo da Coroa de Portugal, Santa Helena non fora poboada até 1659 polos británicos. Punto estratéxico no Atlántico Sur, hogano anda polos 4.200 habitantes. Cunha temperatura duns 10ºC en inverno e duns 30ºC…

Ler máis Ler máis

AMAZONÍA AZUL / ILHA DA TRINDADE

AMAZONÍA AZUL / ILHA DA TRINDADE

Fermoso e logradísimo vídeo pendurado en youtube pola Marinha do Brasil. Cunha duración de 1 minuto e 53 segundos, paga a pena reparar nel. Lembremos que esta illa fora descuberta polo galego João da Nova en 1501. Eis o breve texto que o acompaña e co que comeza o relato: “Você sabia que no meio do Oceano Atlântico, no caminho para a África, o Brasil possui uma ilha que é um paraíso natural, a Ilha da Trindade?”. Beizón!

A BATALHA DE TRINDADE NA GRAN GUERRA

A BATALHA DE TRINDADE NA GRAN GUERRA

Atopamos na arañeira un vídeo singularmente interesante na procura de fornecer todo o que teña que ver [directa ou indirectamente] co nauta galego João da Nova. A Batalha de Trindade foi adiante entre grandes navíos transatlánticos [cruceiros readaptados e militarizados], durante a Primeira Guerra Mundial, denominada a Gran Guerra [logo viría outra máis demoledora e máis grande…]. Sucedeu o 14 de setembro de 1914 ao abeiro do territorio marítimo do Brasil [país neutral naquel intre], máis concretamente a carón da Ilha da…

Ler máis Ler máis

ILHA DA TRINDADE NO IBGE

ILHA DA TRINDADE NO IBGE

Desta volta tiramos do IBGE, léase o Instituto Brasileiro de Geografía e Estatística, que tivo a ben pendurar esta singular fotografía da Ilha da Trindade (Estado de Espírito Santo, Vitória, Brasil), descuberta por João da Nova, o nauta vencellado coa casa nobiliaria de Maceda (Ourense, Galiza). Outrosí recuperamos o texto que a acompaña: “Localizada a 1.167 quilômetros de Vitória e a 2.400 quilômetros da África, a Ilha da Trindade é supervisionada atualmente pela Marinha Brasileira. O arquipélago pertence a uma…

Ler máis Ler máis

A LECCIÓN DO EXILIO

A LECCIÓN DO EXILIO

O 25 de xaneiro de 2001, imprentaba Francisco Carballo unha columna no semanario A Nosa Terra sobre un tema polo que tiña querencia como historiador e no que partillaba: “O exilio galego está a ser estudado e aproveitando para lembrar a un dos alcaldes de Pontevedra, don Bibiano Osorio Tafall, e homenaxear a tres mulleres representantes dese exilio, as señoras Maruxa Seoane, Mariví Villaverde e Chonchiña Comesaña. Tal exilio, 1936-75, é un dos sismógrafos que miden o terremoto dos anos…

Ler máis Ler máis

FERRÍN E VILANOVA DOS INFANTES

FERRÍN E VILANOVA DOS INFANTES

Nunha recente viaxe a Celanova e a Vilanova dos Infantes, atopamos abondosas pisadas abeiradas ao noso candidato ao Nobel de Literatura. Mesmo comprobamos o afecto e admiración que lle amosa a xente coa que contactamos alí. Tiramos do libro X. L. Méndez Ferrín de Xosé M. Salgado e Xoán M. Casado (Ed. Sotelo Blanco, 1989). Pregúntanlle os autores que significado tiña Vilanova dos Infantes [ou das Infantas] na súa infancia. Ferrín respondeu: “Ir a Vilanova era cambiar de mundo [el…

Ler máis Ler máis