Navegación por
Categoría: bitacora

ATENAS & PELOPONESO, XANEIRO DE 1989

ATENAS & PELOPONESO, XANEIRO DE 1989

Todas as viaxes deixan pisadas. Algunhas quedan acesas na memoria. En xaneiro de 1989 estivemos cinco días en Atenas e logo, outros catro, de circuíto polo Peloponeso [nun autobús que conducía Dimitri por unhas estradiñas cheas de ramallos de flores e cruces ao carón, en moitas curvas á memoria dos accidentados]. Visitamos naquela altura Corinto, Lepanto, Micenas, Nauplia, Epidauro, Tripoli, Olimpia, Patras, Nafpatkos, Delfos, Tebas… Nalgúns deses lugares non deixaban entrar ás mulleres nos bares ou nos cafés. Semellaba a…

Ler máis Ler máis

MONTEDERRAMO, TAN PERTO E TAN LONXE

MONTEDERRAMO, TAN PERTO E TAN LONXE

Aínda que o Concello de Maceda e o de Montederramo están xunguidos [e separados] pola liña divisoria da Serra de San Mamede, hogano viven relativamente distanciados. Montederramo limita con 8 concellos:  ao norte Parada do Sil e A Teixeira, ao sur Vilar de Barrio e Laza, ao leste Castro Caldelas e Chandrexa de Queixa e ao oeste Xunqueira de Espadanedo e Maceda. Inserido na comarca da Terra de Caldelas, demograficamente conforma un dos paradigmáticos concellos da Galicia despoboada [como moitos…

Ler máis Ler máis

A LIÑA DIVISORIA DA SERRA DE SAN MAMEDE

A LIÑA DIVISORIA DA SERRA DE SAN MAMEDE

As tirapuxas entre os abades de Montederramo e os condes de Maceda seguiron logo da polémica na Real Chancelería de Valladolid. As disputas foron máis aló do remate formal do Antigo Réxime [dende o último terzo do s. XV até o primeiro do s. XVIII] e da división administrativa do Estado español de 1833 [artellada polo secretario de Estado de Fomento, Javier de Burgos, quedando Galicia con 4 provincias: A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, no canto das 7 do…

Ler máis Ler máis

CARTA EN GALEGO DO CONDE DE GONDOMAR [sec. XVII]

CARTA EN GALEGO DO CONDE DE GONDOMAR [sec. XVII]

Diego Sarmiento de Acuña, primeiro conde de Gondomar [parente dos nobiliarios de Maceda], escribiulle unha carta ao comendador Andrés de Prada, secretario de Estado da Súa Maxestade Filipe III. Esa misiva tivo repercusión en círculos filolóxicos e históricos, ao ser un dos poucos documentos redactados en galego nos Séculos Escuros. Imos intertextualizarnos: “O nobre diplomático [e conde de Gondomar] ollou na Real Chancelería de Valladolid un preito entre Xoán de Nóvoa [señor da casa de Maceda] e o abade do…

Ler máis Ler máis

O CHAMATIVO CRUCEIRO DE MARRUBIO

O CHAMATIVO CRUCEIRO DE MARRUBIO

Non moi lonxe de Maceda atopamos un conxunto escultórico abondo interesante indo pola estrada do Rodicio, a que vai cara Castro Caldelas, Trives , A Rúa, O Barco… [collendo o desvío que leva a Montederramo (42°17’46.71″N  7°28’28.98″O)]. Enclavado nun desamparado cruce de camiños, podemos ollar o Calvario de Marrubio, un cruceiro protexido por un tellado que logrou conservar boa parte da policromía orixinal na madeira e na pedra do mesmo. Tiramos de http://www.guiasilbibeinavea.es/: “O cruceiro foi realizado en 1778 coa…

Ler máis Ler máis