ROTEIRO POR BARAKALDO (1)
Imos meterlle o dente aos 7 anos que Francisco Carballo pasou en Barakaldo (1958-65), mesmo seguindo as Memorias e Lembranzas que tivera a ben pasarnos a Xan Carballa e a Santiago Prol para o libro das Conversas (ANT, 2002). Facemos así un singular roteiro; desta volta virtual sobre os seus lugares. No ano 1958 trasladárano dende Marín ao colexio San Vicente de Paúl de Barakaldo. O cambio de destino fora co pretexto de incompatibilidade co superior da comunidade ao que cesaran. Tamén primaban…