DE MACEDA ÁS ILLAS AGALEGA
A comezos de maio de 2012, o xornalista David Reinero púxose en contacto con nós, pois quería mergullarse na apaixonante aventura de João da Nova, para inserir unha reportaxe que axiña sairía con grande amplitude no xornal El País (8/V/2012). Quedamos con el nunha céntrica cafetería da Praza Roxa, eiquí en Compostela [na nosa xeira de estudantes chamábase o Mochi]. Levámoslle un exemplar do noso libro “João da Nova, un mariño galego ao servizo da Coroa de Portugal” (Prol, 2002)…