Navegación por
Categoría: imaxes

A PRIMEIRA CASETE ARREDOR DE SIMON & GARFUNKEL

A PRIMEIRA CASETE ARREDOR DE SIMON & GARFUNKEL

Somos da xeración da televisión en branco e negro, a dos Chiripitifláuticos, Bonanza e o Virxiniano. A da bicicleta sen marchas nin casco, pero co “bombín” e co estoxo de coiro cos parches e ferramentas detrás do asento. Outrosí a xeración das casetes e os bolígrafos BIC, que mesmo empregabamos pra reparar as cintas. A primeira que tivemos foi unha de “Grandes éxitos de Simon & Garfunkel”, datada en 1972, interpretados por The Top of the Pops [versións de autores…

Ler máis Ler máis

CONTEXTO DUN RETRATO PARA A FOTOTECA DO AUTOR NA WEB DA AELG

CONTEXTO DUN RETRATO PARA A FOTOTECA DO AUTOR NA WEB DA AELG

Ben entrado o outono de 2010, na cidade de Santiago de Compostela, a Xunta de Galicia estaba preparando a viaxe de Bieito XVI, que tamén se desprazaría a Barcelona dende a Cidade do Vaticano. Foron tantos os protocolos de seguridade e as restricións, que moita xente optou por non aparecer eiquí. As expectativas cuantificadas polas autoridades autonómicas en 200.000 potenciais persoas, quedaron moi desvalorizadas, aínda que investiran 3 millóns de euros para promocionar o evento. Nese contexto aparece esta foto…

Ler máis Ler máis

COLLAGE, 2 DE XANEIRO DE 1972

COLLAGE, 2 DE XANEIRO DE 1972

Para o fondo de pantalla da nosa bitácora acordamos unha miscelánea a xeito de “collage” (en francés), con anacos de tres retratos dunha serie  en “black & white”, que meu irmán tivera a ben tirar, cunha cámara de fotos moi sinxela, un día sublime de invernía, coa Serra de San Mamede, o Val do Medo e a vila de Maceda completamente nevada. Xa teremos tempo pra peneirar aquela reportaxe albeira (doce fotografías), dunha tarde inesquecíbel que comezara no patio da…

Ler máis Ler máis

NA HOMENAXE NACIONAL EN MACEDA A F. CARBALLO

NA HOMENAXE NACIONAL EN MACEDA A F. CARBALLO

O retrato do reporteiro gráfico Santi M. Amil, vencellado ao Grupo Voz, datámolo o 27 de decembro de 2014, cando tivemos a ben artellar a Homenaxe Nacional de Galiza a Francisco Carballo en Maceda, case un mes despois do seu pasamento en Santa Marta de Tormes (Salamanca), o 29 de novembro daquel ano. Fora adiante no Salón Multiusos que dispón para estes eventos o Concello de Maceda. Participaron o noso alcalde naquela altura, Xabier Oviedo; o portavoz nacional do BNG,…

Ler máis Ler máis

AUTORRETRATO CO FELO NO DISTÓPICO ANO CERO DO BICHO

AUTORRETRATO CO FELO NO DISTÓPICO ANO CERO DO BICHO

Decantámonos por ese autorretrato (“selfie” no dicionario Oxford) para ilustrar a Soleira desta bitácora, léase autobiografía actualizada, no contexto do distópico Ano Cero do Bicho. A carauta da nosa liñaxe fíxoa o patriarca do mundo Felo, o venerábel señor Manuel Garrido Silva, orixinario de Vilardecás (Maceda), que mesmo pintou un porco bravo dos que pululan pola enigmática Serra de San Mamede. O tapabocas -agasallo do parente radiólogo- foi deseñado eiquí (en GZ) por Pardezetas. Amosa certa concomitancia co Joker, aínda…

Ler máis Ler máis