CONTEXTO DUN RETRATO PARA A FOTOTECA DO AUTOR NA WEB DA AELG
Ben entrado o outono de 2010, na cidade de Santiago de Compostela, a Xunta de Galicia estaba preparando a viaxe de Bieito XVI, que tamén se desprazaría a Barcelona dende a Cidade do Vaticano. Foron tantos os protocolos de seguridade e as restricións, que moita xente optou por non aparecer eiquí. As expectativas cuantificadas polas autoridades autonómicas en 200.000 potenciais persoas, quedaron moi desvalorizadas, aínda que investiran 3 millóns de euros para promocionar o evento. Nese contexto aparece esta foto…