AUTORRETRATO CO FELO NO DISTÓPICO ANO CERO DO BICHO

AUTORRETRATO CO FELO NO DISTÓPICO ANO CERO DO BICHO

Autorretrato, Nadal de 2020 [distópico Ano Cero do Bicho].

Decantámonos por ese autorretrato (“selfie” no dicionario Oxford) para ilustrar a Soleira desta bitácora, léase autobiografía actualizada, no contexto do distópico Ano Cero do Bicho. A carauta da nosa liñaxe fíxoa o patriarca do mundo Felo, o venerábel señor Manuel Garrido Silva, orixinario de Vilardecás (Maceda), que mesmo pintou un porco bravo dos que pululan pola enigmática Serra de San Mamede. O tapabocas -agasallo do parente radiólogo- foi deseñado eiquí (en GZ) por Pardezetas. Amosa certa concomitancia co Joker, aínda que está inspirado na face do Felo. Conxuntamos coa viseira “friki” por influxo da iconográfica banda deseñada do Home Morcego abeirado a Gotham City. Tiramos o autorretrato co mancontro dixital en pleno confinamento, o 25 de decembro de 2020. Beizón!

Comentarios pechados.