Navegación por
Categoría: joao da nova

DE MACEDA ÁS ILLAS AGALEGA

DE MACEDA ÁS ILLAS AGALEGA

A comezos de maio de 2012, o xornalista David Reinero púxose en contacto con nós, pois quería mergullarse na apaixonante aventura de João da Nova, para inserir unha reportaxe que axiña sairía con grande amplitude no xornal El País (8/V/2012). Quedamos con el nunha céntrica cafetería da Praza Roxa, eiquí en Compostela [na nosa xeira de estudantes chamábase o Mochi]. Levámoslle un exemplar do noso libro “João da Nova, un mariño galego ao servizo da Coroa de Portugal” (Prol, 2002)…

Ler máis Ler máis

JOÃO DA NOVA NA HISTÓRICA BATALLA NAVAL DE DIU (1509)

JOÃO DA NOVA NA HISTÓRICA BATALLA NAVAL DE DIU (1509)

No xornal Expresso [14/02/2009] aparece imprentado un clarificador traballo de Margarida Magalhães Ramalho, “A Batalha de Diu, uma vingança pessoal”, que vai na liña do que nós publicamos no canónico volume “João da Nova, un mariño galego ao servicio da Coroa de Portugal” (Prol, 2002) e en “João da Nova, o galego máis relevante do século XVI”, capítulo central do volume “Nobres vencellados ao Castelo de Maceda” (Prol, 2009), no que actualizabamos as pescudas sobre este macedán universal. A Batalla…

Ler máis Ler máis

JOÃO DA NOVA, UN MARIÑO GALEGO AO SERVIZO DA COROA DE PORTUGAL

JOÃO DA NOVA, UN MARIÑO GALEGO AO SERVIZO DA COROA DE PORTUGAL

Un compromiso de por vida, ao que estaremos vencellados até o derradeiro día, é a vindicación de João da Nova [Xoán de Nóvoa para algúns] como un galego universal, o máis sobranceiro do século XVI e un dos grandes egrexios do que hogano poderiamos chamar Ourensanía. A nosa aventura comezara xa nos anos 70 do século XX cando leramos aquel breve texto sobre el en “Geografía General del Reino de Galicia” que xa amentamos nunha achega anterior. Logo, nos anos…

Ler máis Ler máis

MAGNA REPORTAXE “O MARIÑO GALEGO MÁIS RELEVANTE DO SÉCULO XVI”

MAGNA REPORTAXE “O MARIÑO GALEGO MÁIS RELEVANTE DO SÉCULO XVI”

O xornal Galicia Hoxe [3/V/2009], da man da periodista Vanesa Oliveira, foi peneirado a fondo as nosas pescudas na vindicación deste egrexio persoeiro macedán. Despois dunha delongada entrevista con nós, na procura de afondar polo miúdo na traxectoria vital do navegante e descubridor João da Nova e de cederlle documentos, cartografía, libros e imaxes vencelladas, imprentou unha extraordinaria reportaxe [2 páx. completas], na sección Lecer daquel domingo de maio, no xornal referenciado. Eis o extenso e aqueloutrado traballo da solvente…

Ler máis Ler máis

ATERRAXE EN JUAN DE NOVA ISLAND

ATERRAXE EN JUAN DE NOVA ISLAND

As Cinco Illas Dispersas áchanse no Océano Índico ao abeiro do Canal de Mozambique. Hogano pertencen a Francia. Entre elas está Juan de Nova Island, que fora descuberta polo navegante João da Nova, o galego máis sobranceiro do século XVI, e que aínda non está recoñecido como debería na memoria colectiva do Noso País. Tiramos da Wikipédia, a enciclopédia livre, en portugués: “As Ilhas Esparsas, ou Ilhas Dispersas do Oceano Índico [em francês: Îles éparses de l’océan indien] são um…

Ler máis Ler máis

APAIXONANTE DOCUMENTAL SOBRE A ILLA SANTA HELENA

APAIXONANTE DOCUMENTAL SOBRE A ILLA SANTA HELENA

Da web pilotguides.com [casa matricial de Globe Trekker], achegamos un vídeo abondo interesante de 51´23´´, incluído nos Grandes Documentais de TVE-2. Titúlase “Isolated Islands: Saint Helena”. Cando comezamos esta apaixonante aventura interoceánica na procura da traxectoria vital, heroicidades e descubertas do navegante da casa nobiliaria de Maceda (Ourense), recollido despois no pioneiro e canónico volume “João da Nova, un mariño galego ao servizo da Coroa de Portugal” (2002), non existía Youtube nin ferramentas similares de vulgarización. Neste documental de Globe…

Ler máis Ler máis