Navegación por
Categoría: vieiros

LEMBRANDO AO CHE

LEMBRANDO AO CHE

O Che Guevara fora ultimado en La Higuera, Bolivia, o 9 de outubro de 1967. Como vivimos tempos convulsos, imos recuperar “Lembrando ao Che”, a columna que lle dedicou o historiador Francisco Carballo no núm. 1.064 do semanario A Nosa Terra [10/I/2003]. Comezaba rememorando que fixera unha visita a Cuba [sabemos polas súas “Memorias” que estivo alí en 1993 e que tamén estivera con outros familiares en Montevideo, Uruguai, en 1992]. O seu curmán Rafael Simón -que fora secretario persoal…

Ler máis Ler máis

¿QUE FALTOU EN MACEDA?

¿QUE FALTOU EN MACEDA?

Fixémoslle esa pregunta a Francisco Carballo no libro das Conversas [Prol / Carballa, ANT, 2002], no primeiro capítulo dedicado á súa terra de orixe. O egrexio historiador contestou: “Denantes do 36 as aldeas estaban en eclosión pola volta dos emigrados. Espacialmente a vila de Maceda era pequena e debía estar moi amoreada. No concello había máis do dobre de habitantes que hoxe. Maceda era comercial, artesá, dos profesionais medios e dos canteiros. Había unha simbiose co campo (…). A vila…

Ler máis Ler máis

JOSÉ PIÑEIRO, O INTRÉPIDO AVIADOR DO SEIXO

JOSÉ PIÑEIRO, O INTRÉPIDO AVIADOR DO SEIXO

Un pouco máis adiante da casa do pintor Bello Piñeiro, no número 168 da Avenida do Seixo en dirección ao peirao, atopamos a casa do aviador José Piñeiro, outro fillo egrexio do Seixo que nacera o 15 de decembro de 1878. Este aventureiro non tiña acougo. Estivo estudando o bacharelato no País Vasco [Donostia]. Viaxou a Cuba con 16 anos, en 1895, pra loitar a prol daquela colonia española [denantes do “desastre” de 1898]. Regresou ao ano seguinte da súa…

Ler máis Ler máis

ELIXIO RIVAS, REFERENTE NA INVESTIGACIÓN EN CLAVE NOSA [1925-2022]

ELIXIO RIVAS, REFERENTE NA INVESTIGACIÓN EN CLAVE NOSA [1925-2022]

O 24 de setembro deste 2022 falecía [con 97 anos de idade] en Santa Marta de Tormes [Salamanca] o egrexio investigador, referente pra todos nós, Elixio Rivas Quintas. A nova do pasamento comunicóunola o amigo José Juan Pérez Ramos onte a media mañá. Mesmo nos enviou un aquelado enlace do xornal La Región que ampliaba a información. Despois aparecería outro na mesma liña no xornal La Voz de Galicia. Estivemos con Elixio Rivas por última vez no mes de marzo…

Ler máis Ler máis

BELLO PIÑEIRO PINTOR SOBRANCEIRO

BELLO PIÑEIRO PINTOR SOBRANCEIRO

Sempre que imos até o Seixo -camiñando dende Maniños- reparamos uns intres na casa de Bello Piñeiro e na cumprida placa que está pendurada na fachada: “A Sociedade Cultural Amigos da Paisaxe Galega dedica este perenne recordo á memoria do ilustre pintor e publicista Felipe Bello Piñeiro, Precursor do Renacemento da Pintura Galega. O Seixo, 9/XII/52″. Con mágoa, cada vez que pasamos por alí, comprobamos que esa casa amosa un deterioro considerábel que vai a máis. Hai, dende 2019, un…

Ler máis Ler máis

BELLO PIÑEIRO ATORMENTADO

BELLO PIÑEIRO ATORMENTADO

Nunha entrevista do xornalista Luís Caparrós en La Voz de Galicia [6/IV/1951], cando Felipe Bello Piñeiro contaba con 65 anos de idade, preguntoulle se estaba solteiro, casado ou viúvo. O sobranceiro pintor do Seixo contestoulle que estaba “solteiro por dificultades de elección, pois as mulleres son demasiado guapas pra decidirse por ningunha”. Medio século despois logramos saber que as razóns do seu estado civil eran outras e que direccionaban cara a súa nai, dona Lola Piñeiro Toimil, e cara o…

Ler máis Ler máis