Navegación por
Autor: sprol

PRESENTACIÓN DO LIBRO “NOBRES VENCELLADOS AO CASTELO DE MACEDA”

PRESENTACIÓN DO LIBRO “NOBRES VENCELLADOS AO CASTELO DE MACEDA”

O sábado, 4 de abril de 2009, día de feira en Maceda, fixemos a presentación do libro da nosa autoría “Nobres vencellados ao Castelo de Maceda” [Prol: 2009, Ed. Difusora, Ourense]. Foi no salón de actos do Castelo de Maceda, na parte baixa da torre da homenaxe. Estaba atestado de xente, mesmo tiveran a ben asistir algúns cargos políticos de primeiro nivel naquela altura no Noso País que xa estaban “en funcións”, pois a xeira do Bipartito remataba coa perda…

Ler máis Ler máis

A DESACOUGANTE ATERRAXE NA ILLA DE SANTA HELENA

A DESACOUGANTE ATERRAXE NA ILLA DE SANTA HELENA

Continuando coa teima de seguir as pisadas do nauta João da Nova, mesmo na procura dun roteiro infindo aos lugares nos que viviu e tamén aos que descubriu [Maceda e Ourense na Galiza, Lisboa e Sagres en Portugal, Ilha da Trindade fronte á costa brasileira, Mossel Bay na actual Sudáfrica, Juan de Nova Island na Canle de Mozambique moi perto de Madagascar, Cananor e Cochim no Kerala indio, a illa de Ceilán hogano Sri Lanka, a illa Kilwa Kisiwani na…

Ler máis Ler máis

JOÃO DA NOVA NO TOMO XXXIII DA GRAN ENCICLOPEDIA GALEGA

JOÃO DA NOVA NO TOMO XXXIII DA GRAN ENCICLOPEDIA GALEGA

Na vedraña “Gran Enciclopedia Gallega” [GEG] editada por fascículos en castelán, do emprendedor asturiano Silverio Cañada [30 tomos máis 2 anexos], e tirada no prelo de Heraclio Fournier [o das cartas da baralla] en Vitoria, había unha cativa entrada dedicada a João da Nova [Juan de Nóvoa na súa versión]. Despachaban ao galego máis sobranceiro do século XVI nunhas poucas liñas do tomo XXII, tirando como fonte a Francisco Lanza en  “Dos mil nombres gallegos” [1953]. Cando saíu do prelo…

Ler máis Ler máis

ATÉ SANTO ANDRÉ DE TEIXIDO E MÁIS ALÁ

ATÉ SANTO ANDRÉ DE TEIXIDO E MÁIS ALÁ

Dende hai case corenta anos, mesmo ao comezo ou ao remate do verán, imos dende Maniños [Fene] até Santo André de Teixido e máis alá… Logo de percorrer boa parte do territorio do concello  fenés, atravesar a Ponte das Pías [que une Fene con Ferrol], pasar polo Polígono da Gándara dirección Cemiterio de Catabois e logo Valdoviño [o da Praia da Frouseira] pola estrada da costa, aproximámonos a Cedeira por unha calzada rodeada de eucaliptos e moitas curvas. Hogano moi…

Ler máis Ler máis

PARADA E FONDA NO MONASTERIO DE PIEDRA

PARADA E FONDA NO MONASTERIO DE PIEDRA

Nas excursións que faciamos co alumnado até Barcelona, había unha parada e fonda no Monasterio de Piedra, que pertence ao concello de Nuévalos, ao sur de Zaragoza. Como a viaxe até a capital catalá sobordaba os mil quilómetros, unha pausa alí semellaba axeitada. Mesmo tiñan dentro do propio cenobio, que hogano funciona como hotel, un par de espazos adaptados para excursións escolares. O profesorado podía así pasar a noite nos cuartos habilitados daquel vedraño edificio. Ao día seguinte, pola fresca,…

Ler máis Ler máis

O SANTUARIO DOS MILAGRES & CARBALLO

O SANTUARIO DOS MILAGRES & CARBALLO

O vencello de Francisco Carballo co Santuario Mariano dos Milagres foi aceso ao longo da súa vida. Alí estudou na súa preceptoría de Latinidade. Sobre el fixo o seu primeiro libro. Alí misou unhas cantas veces en galego. Mesmo descansou na residencia dos PP Paúis. Alí predicou a “Populorum Progressio” de Paulo VI co bispo integrista Temiño Saiz axexando, mesmo enviando espías para que lle informasen do que comentaba Carballo ao abeiro dos novos aires do Concilio Vaticano II [naquela…

Ler máis Ler máis