APAIXONANTE DOCUMENTAL SOBRE A ILLA SANTA HELENA
Da web pilotguides.com [casa matricial de Globe Trekker], achegamos un vídeo abondo interesante de 51´23´´, incluído nos Grandes Documentais de TVE-2. Titúlase “Isolated Islands: Saint Helena”. Cando comezamos esta apaixonante aventura interoceánica na procura da traxectoria vital, heroicidades e descubertas do navegante da casa nobiliaria de Maceda (Ourense), recollido despois no pioneiro e canónico volume “João da Nova, un mariño galego ao servizo da Coroa de Portugal” (2002), non existía Youtube nin ferramentas similares de vulgarización. Neste documental de Globe…