AS GUERRAS SON SEMPRE ECONÓMICAS

AS GUERRAS SON SEMPRE ECONÓMICAS

Ao abeiro da inculturación, preguntámoslle a Francisco Carballo no libro de Conversas [Prol / Carballa: 2002, ANT], se empregando a relixión como pretexto e o nome de Deus como desculpa, se tiñan artellado non poucas guerras ao longo da Historia da Humanidade. A súa resposta foi contundente: “As guerras son sempre [por razóns] económicas. Constantemente buscan lexitimarse ideoloxicamente. Como a relixión, que até a Ilustración era a fonte de lexitimidade. Os sectores fundamentalistas a miúdo son violentos e provocadores. Xeran…

Ler máis Ler máis

FRANCISCO CARBALLO NA PORTADA DO “CEIBE”

FRANCISCO CARBALLO NA PORTADA DO “CEIBE”

Coa xenerosidade de sempre, pásanos o amigo Xan Carballa outro salientábel documento prá memoria e vindicación do fillo sobranceiro de Maceda, o historiador e presbítero ilustrado Francisco Carballo. Desta volta trátase da portada do número 12 do Ceibe, o voceiro da Asamblea Nacional Popular Galega [ANPG], que leva data de novembro do 1977 [custaba 3 pesos, léase 15 pesetas da época]. Nesa histórica portada podemos ollar un Francisco Carballo combativo, megáfono en man, falando -enérxico- no III Plenario da ANPG…

Ler máis Ler máis

PRAZA DO CONDE DE MACEDA EN MADRID

PRAZA DO CONDE DE MACEDA EN MADRID

Tiramos outra volta de “Nobres vencellados ao Castelo de Maceda”, Prol: 2009, Ed. Difusora, nas páxinas 174-75: “Exerceu o Conde de Maceda, Antonio Pedro Nolasco de Lanzós e Taboada [1726-54] como gobernador político, económico e militar de Madrid [correxidor -hogano alcalde- con funcións non homologábeis ás actuais]. Outrosí xentilhome con forzas armadas na Real Cámara, tenente xeneral dos Exércitos, vicerrei de Navarra (…).  Dende aquela institución madrileña queixábase da escuridade nocturna, “auspiciadora de moitos roubos, asasinatos e lascivia na capital…

Ler máis Ler máis

MUXÍA, SANTUARIO DA VIRXE DA BARCA  E OS CONDES DE MACEDA

MUXÍA, SANTUARIO DA VIRXE DA BARCA  E OS CONDES DE MACEDA

Achegámonos todos os anos até Muxía, polo menos, un par de veces. O vencello con Maceda é manifesto. Existe alí a Rúa Condes de Maceda, perto da Casa do Concello. Outrosí paneis informativos nos que se pode ler: “O templo deste santuario data do século XVII e garda os sepulcros dos Condes de Maceda, que foron mecenas da obra”. En Nobres vencellados ao Castelo de Maceda: Prol, 2009. [Ed. Difusora] dedicámoslle varias páxinas, ao reparar no conde benefactor Joseph Benito…

Ler máis Ler máis

PARADOR DE PONTEVEDRA. PALACIO DOS CONDES DE MACEDA

PARADOR DE PONTEVEDRA. PALACIO DOS CONDES DE MACEDA

No Roteiro de 2019 “Os lugares de Francisco Carballo”, centrámonos na cidade de Pontevedra coa que tivo grandes concomitancias boa parte da súa vida. Mesmo fixemos un “receso” no Parador de Turismo, que fora erixido como Pazo dos Condes de Maceda e residencia habitual dos mesmos. Do libro “Nobres vencellados ao Castelo de Maceda” [Prol: 2009], dentro do extenso capítulo “O Condado de Maceda”, exhumamos [páx. 207]: “Ademais do Castelo de Maceda, dos Pazos de Sobrán, Lanzós, Taboada, Santo Antoíño,…

Ler máis Ler máis

A ILLA SANTA HELENA [DESCUBERTA POR JOÃO DA NOVA] NO GOOGLE MAPS

A ILLA SANTA HELENA [DESCUBERTA POR JOÃO DA NOVA] NO GOOGLE MAPS

Atopamos nunha achega pendurada en youtube  [19/IX/2021] un documento videográfico vencellado ao excelso egrexio de Maceda -relatado en portugués- [Fonte: “Viajero de Google Maps” co 95% das imaxes elaboradas por Mr. Kyle Wiliamson]: Santa Helena a pequena ilha no meio do Atlântico. Local onde Napoleão passou seus últimos dias de vida. Cheio de paisagens naturais, formações geográficas impressionantes. Santa Helena foi descoberta em 1502 por João da Nova [Maceda, Ourense, Galiza]. Em 1659, os britânicos iniciaram seu domínio sobre o…

Ler máis Ler máis