Navegación por
Categoría: publicacións

O REGRESO DE BENIGNO ÁLVAREZ A MACEDA

O REGRESO DE BENIGNO ÁLVAREZ A MACEDA

O sábado, 14 de xuño de 2008, no xornal La Voz de Galicia, ao día seguinte da presentación do noso libro “Benigno Álvarez. Un comunista na Galiza dos anos 30” [Santiago Prol, ANT, 2008], apareceu unha salientábel columna de Antón Feito [pseudónimo dun xornalista ao máximo nivel do staff dese periódico naquela altura en Ourense]. Na súa sección “O fiadeiro” (páx. L2) imprentaba: “Fai tempo que se viña reclamando un esforzo para rescatar a figura de Benigno Álvarez do dobre…

Ler máis Ler máis

VIDA E MORTE DUN COMUNISTA

VIDA E MORTE DUN COMUNISTA

No suplemento “Culturas” do xornal La Voz de Galicia [14/VI/2008], aparece unha recensión do noso libro “Benigno Álvarez, un comunista na Galiza dos anos 30” [Santiago Prol, ANT, 2008] da man dun historiador especialista nesa xeira histórica. Estamos a falar de Carlos Fernández Santander, que publicara un dos volumes de referencia quince anos antes [“El alzamiento de 1936 en Galicia. Datos para una historia de la Guerra Civil”, Eds. do Castro, 1983]. Outrosí moreas de columnas sobre ese tema no…

Ler máis Ler máis

O RUBIÑO E OS ÚLTIMOS MOHICANOS

O RUBIÑO E OS ÚLTIMOS MOHICANOS

Ao abeiro dunha breve conversa coa filla do Juan Bouzas [amigo da nosa familia que sempre nos iluminou coa súa exemplaridade e pedagoxía, mesmo con bos consellos, naquela Maceda en branco e negro], recuperamos a carta que publicamos no xornal La Región, o 24 de decembro de 1996, ao día seguinte do pasamento dun dos seus, que sobrevivira “sinalado”, ao igual que o noso tío Valentín [O Canaso], o propio Juan Bouzas e un pequeno feixe de republicanos abeirados ao…

Ler máis Ler máis

DON PACO DEL RIEGO & XOSÉ LOIS PARENTE

DON PACO DEL RIEGO & XOSÉ LOIS PARENTE

No volume “Xosé Lois Parente, poeta e galeguista na II República” [Prol: 2006] puxemos o foco no vencello entre o proteico poeta macedán e o heterodoxo intelectual galeguista de Lourenzá, ao que -este ano- lle dedican o Día das Letras Galegas que el mesmo promoveu. Estamos a falar de don Francisco Fernández del Riego. Recuperamos das páxinas 79-82: No núm. 159 de Heraldo de Galicia [27 de novembro de 1933], aparecía -na primeira páxina- unha crítica moi favorábel de don…

Ler máis Ler máis

MÉNDEZ FERRÍN: NO DÉDALO MÁXICO DE PERCIVAL

MÉNDEZ FERRÍN: NO DÉDALO MÁXICO DE PERCIVAL

Co gallo dunha recente visita á Insua dos Poetas [Esgueva, Madarnás, O Carballiño], coa Asociación do IV Ciclo da USC, rememoramos outra volta ao Noso candidato ao Premio Nobel de Literatura. Neste singular proxecto creativo do actual presidente do PEN Club Galicia, o escritor Luís González Tosar, que vai fornecéndose máis e máis dende o 2009, detivémonos no conxunto escultórico dedicado ao Grupo Brais Pinto, do que Xosé Luís Méndez Ferrín formaba parte capital na súa estadía en Madrid a…

Ler máis Ler máis

A BELLA OTERO, COSMOPOLITA, TRANSGRESORA E PROSCRITA

A BELLA OTERO, COSMOPOLITA, TRANSGRESORA E PROSCRITA

Actualizamos parte dun traballo da nosa autoría imprentado no Guieiro Cultural do semanario A Nosa Terra [17/XII/1998, nº 861, pp 32-33]. Naquela altura impartiamos docencia en Valga [Pontevedra], o que nos levou a mergullarnos na traxectoria dunha galega universal orixinaria daquel concello: “Até hai pouco máis dun par de décadas, a Bella Otero [Valga, 1868 – Niza, 1965] foi desprezada e ninguneada polos poderes locais e polos descendentes dos que foran seus veciños, agás contadas excepcións. A mensaxe era clara:…

Ler máis Ler máis