Navegación por
Categoría: publicacións

OS FELOS E FERRÍN  

OS FELOS E FERRÍN  

Na altura do Entroido de 2003, Emilio Araúxo envioulle ao noso candidato ao Nobel de Literatura [proposto polo Pen Club Galicia dende 2008], o pioneiro libro “Frases para un felo” de Claude Royet-Journoud, que editara no seu selo AMASTRA-N-GALLAR [logo virían moreas de felo-textos dos que falaremos en chegando…]. Nós fixeramos o propio cun dossier sobre os Felos de Maceda e co canónico díptico que editara o Concello de Maceda un pouco antes. Xosé Luís Méndez Ferrín fixera referencia ás…

Ler máis Ler máis

ARREDOR DO ENIGMA DOS FELOS DE MACEDA

ARREDOR DO ENIGMA DOS FELOS DE MACEDA

“A xénese matricial da máscara dos Felos de Maceda áchase no corazón da Serra de San Mamede entre corgas, penedos, ríos e covas milenarias. No Val do Medo houbo grupos tribais, sociedades de máscaras, megalitismo e cultos zoolátricos. A demografía castrexa e a rota romana [Vía Nova] acadaron unha singular interpretación cultural neste territorio. Dende o baixomedievo Maceda asentou bastión fortificado. Eiquí fixo inmersión lingüística en galego Afonso X o Sabio. Coa concesión da feira en 1401 despregou o burgo….

Ler máis Ler máis

A FACETA MÁIS HUMANA DE BENIGNO ÁLVAREZ

A FACETA MÁIS HUMANA DE BENIGNO ÁLVAREZ

O xornalista Xosé Manoel Rodríguez fíxonos unha entrevista antes da presentación en Maceda do libro “Benigno Álvarez. Un comunista na Galiza dos anos 30” [Santiago Prol, ANT, 2008]. Apareceu publicada, o 12 de xuño de 2008, no xornal La Voz de Galicia: “O castelo de Maceda vivirá mañá unha cita longo tempo agardada: a recuperación dunha figura emblemática da comarca e da provincia que viu truncada a súa vida pola represión falanxista que trouxo consigo a guerra do 36. Na…

Ler máis Ler máis

O REGRESO DE BENIGNO ÁLVAREZ A MACEDA

O REGRESO DE BENIGNO ÁLVAREZ A MACEDA

O sábado, 14 de xuño de 2008, no xornal La Voz de Galicia, ao día seguinte da presentación do noso libro “Benigno Álvarez. Un comunista na Galiza dos anos 30” [Santiago Prol, ANT, 2008], apareceu unha salientábel columna de Antón Feito [pseudónimo dun xornalista ao máximo nivel do staff dese periódico naquela altura en Ourense]. Na súa sección “O fiadeiro” (páx. L2) imprentaba: “Fai tempo que se viña reclamando un esforzo para rescatar a figura de Benigno Álvarez do dobre…

Ler máis Ler máis

VIDA E MORTE DUN COMUNISTA

VIDA E MORTE DUN COMUNISTA

No suplemento “Culturas” do xornal La Voz de Galicia [14/VI/2008], aparece unha recensión do noso libro “Benigno Álvarez, un comunista na Galiza dos anos 30” [Santiago Prol, ANT, 2008] da man dun historiador especialista nesa xeira histórica. Estamos a falar de Carlos Fernández Santander, que publicara un dos volumes de referencia quince anos antes [“El alzamiento de 1936 en Galicia. Datos para una historia de la Guerra Civil”, Eds. do Castro, 1983]. Outrosí moreas de columnas sobre ese tema no…

Ler máis Ler máis

O RUBIÑO E OS ÚLTIMOS MOHICANOS

O RUBIÑO E OS ÚLTIMOS MOHICANOS

Ao abeiro dunha breve conversa coa filla do Juan Bouzas [amigo da nosa familia que sempre nos iluminou coa súa exemplaridade e pedagoxía, mesmo con bos consellos, naquela Maceda en branco e negro], recuperamos a carta que publicamos no xornal La Región, o 24 de decembro de 1996, ao día seguinte do pasamento dun dos seus, que sobrevivira “sinalado”, ao igual que o noso tío Valentín [O Canaso], o propio Juan Bouzas e un pequeno feixe de republicanos abeirados ao…

Ler máis Ler máis