Navegación por
Categoría: publicacións

“CONVERSAS CO BIEITO”. CONTRAPORTADA

“CONVERSAS CO BIEITO”. CONTRAPORTADA

Aínda que desta volta penduramos a imaxe da portada, queremos reparar no texto da contraportada do libro “Conversas co Bieito” [Prol: 2022, Ed. Difusora], que axiña estará na rúa. ¡Beizón! “Abrangue esta singular achega boa parte da traxectoria de Bieito Seara [Maceda, 1960]. Infancia na vila, anos de iniciación no Colexio dos Milagres, formación universitaria en Santiago de Compostela, primeiros pasos no eido cultural á fronte d´Os Cabaceiros, outrosí o activismo liderando a Comisión Pro-Instituto, a empresa como referente na…

Ler máis Ler máis

“CONVERSAS CO BIEITO”, NOTA PRELIMINAR

“CONVERSAS CO BIEITO”, NOTA PRELIMINAR

Centrámonos desta volta na páx. 7 do libro “Conversas co Bieito” [Prol: 2022, Ed. Difusora]. Avanzamos o primeiro parágrafo da Nota Preliminar que focaliza o por que desta singular aventura: “No abrente de 2021 propuxémoslle formalmente a Bieito Seara [Maceda, 1960] recapitular a súa traxectoria nun libro de conversas, ao xeito do que fixeramos [en coautoría con Xan Carballa] a comezos deste século co historiador Francisco Carballo [Prol / Carballa: 2002, Ed. ANT]. Era unha desas oportunidades que un investigador…

Ler máis Ler máis

“CONVERSAS CO BIEITO”. AVANCE EDITORIAL

“CONVERSAS CO BIEITO”. AVANCE EDITORIAL

Do libro “Conversas co Bieito” [Prol: 2022, Ed. Difusora], rematamos o cumprido capítulo oitavo [“Bipartito. O servizo ao País”, pp. 139-192] cunha pregunta chea de intencionalidade… ¿Botas de menos a primeira liña política? Non, non. Agora ben, a min gústame ser proactivo. Estar na política e participar nela, pero doutro xeito. Non tes porque estar nun cargo pra pensar en clave política e actuar. A min sempre me gorentou operar en grupo e nesas sigo. Agrádame o debate político. Mesmo…

Ler máis Ler máis

A ILLA DE ONS FOI DO CONDE DE MACEDA

A ILLA DE ONS FOI DO CONDE DE MACEDA

Por mor de certas excursións escolares achegámonos unhas cantas veces á Illa de Ons, unha teima que tiñamos dende había tempo… Un malogrado compañeiro na docencia, Manolo Maneiro, foi o que nos motivou pra que fixésemos no centro de ensino -en diferentes cursos e niveis-, boa parte do que conforma o Parque Natural Illas Atlánticas. Iamos a Cortegada [Carril, Vilagarcía], a Ons [Bueu], ás Cíes [Vigo]… Non houbo ocasión de facer o propio con Sálvora [Ribeira]… Outrosí coas “aspirantes” Illas…

Ler máis Ler máis

BIEITO ROMERO, AGALEGA ISLANDS E JOÃO DA NOVA

BIEITO ROMERO, AGALEGA ISLANDS E JOÃO DA NOVA

Seguimos con moito interese a columna “O son do ar” de Bieito Romero, o líder de Luar na Lubre, dende que comezou a publicala semanalmente no xornal La Voz de Galicia. Mesmo temos empregado algunhas delas como material docente. A de hoxe [Voz, 8/III/2022] vai sobre unha das nosas teimas de por vida. Mágoa que non puidese ollar tamén no Castelo de Maceda a exposición que comisariamos en 2002, e que titulamos “João da Nova, o descubridor galego do século…

Ler máis Ler máis

O ENIGMA DOS FELOS DE MACEDA

O ENIGMA DOS FELOS DE MACEDA

A súa orixe áchase no corazón da Serra de San Mamede entre corgas, penedos, ríos e covas. No Val do Medo houbo grupos tribais, sociedades de máscaras, megalitismo e cultos zoolátricos. A demografía castrexa e a Vía Nova acadaron unha interpretación cultural diferente. Dende o baixomedievo Maceda asentou bastión fortificado. Eiquí fixo inmersión lingüística en galego Afonso X o Sabio. Coa concesión da feira no 1401 despregou o burgo. Despois veu a revolta irmandiña e a rebelión dos vasalos. No…

Ler máis Ler máis