OS FELOS E FERRÍN  

OS FELOS E FERRÍN  

Columna de Ferrín no Faro de Vigo [21/II/2003]. Arquivo do autor.

Na altura do Entroido de 2003, Emilio Araúxo envioulle ao noso candidato ao Nobel de Literatura [proposto polo Pen Club Galicia dende 2008], o pioneiro libro “Frases para un felo” de Claude Royet-Journoud, que editara no seu selo AMASTRA-N-GALLAR [logo virían moreas de felo-textos dos que falaremos en chegando…]. Nós fixeramos o propio cun dossier sobre os Felos de Maceda e co canónico díptico que editara o Concello de Maceda un pouco antes. Xosé Luís Méndez Ferrín fixera referencia ás dúas iniciativas na súa columna no Faro de Vigo do 28 de febreiro de 2003.

Pretendiamos tivese a ben vulgarizar e vindicar aos Felos de Maceda. Na anterior columna no Faro [21/II/2003] xa titulara “¡Viva o antroido de eiquí!”. Ademais de facer un percorrido polo libro “Frases para un felo” [2002], con textos do poeta francés e fotografías do Emilio Araúxo,  e polas concomitancias coas outras máscaras do Entroido ourensán, deixou para a posteridade unha frase lapidaria:

“PARA MIN FELOS, CIGARRÓNS, PANTALLAS, BOTEIROS, PELIQUEIROS, SON DEUSES ANTIGOS QUE O CATOLICISMO RELEGOU AO ANTROIDO MAIS QUE NON CONSEGUIU EXTINGUIR”.

Os comentarios están pechados.