Navegación por
Categoría: miscelanea

“CONVERSAS CO BIEITO”, NOTA PRELIMINAR

“CONVERSAS CO BIEITO”, NOTA PRELIMINAR

Centrámonos desta volta na páx. 7 do libro “Conversas co Bieito” [Prol: 2022, Ed. Difusora]. Avanzamos o primeiro parágrafo da Nota Preliminar que focaliza o por que desta singular aventura: “No abrente de 2021 propuxémoslle formalmente a Bieito Seara [Maceda, 1960] recapitular a súa traxectoria nun libro de conversas, ao xeito do que fixeramos [en coautoría con Xan Carballa] a comezos deste século co historiador Francisco Carballo [Prol / Carballa: 2002, Ed. ANT]. Era unha desas oportunidades que un investigador…

Ler máis Ler máis

“CONVERSAS CO BIEITO”. AVANCE EDITORIAL

“CONVERSAS CO BIEITO”. AVANCE EDITORIAL

Do libro “Conversas co Bieito” [Prol: 2022, Ed. Difusora], rematamos o cumprido capítulo oitavo [“Bipartito. O servizo ao País”, pp. 139-192] cunha pregunta chea de intencionalidade… ¿Botas de menos a primeira liña política? Non, non. Agora ben, a min gústame ser proactivo. Estar na política e participar nela, pero doutro xeito. Non tes porque estar nun cargo pra pensar en clave política e actuar. A min sempre me gorentou operar en grupo e nesas sigo. Agrádame o debate político. Mesmo…

Ler máis Ler máis

BIEITO COMO “YOUTUBER”

BIEITO COMO “YOUTUBER”

Na primavera de 2017 solicitounos Bieito, pra un compromiso profesional cos seus colegas, se podiamos achegarnos a Maceda pra facerlle unha visita guiada a todos eles polo Noso Castelo. Na data que el tiña programada non era posíbel aquela demanda. Coma sempre, Bieito propuxo un plan B ao fallar o plan A. Que fixésemos un vídeo caseiro entre os dous co seu “mancontro”, que logo lles proxectaría alí mesmo no Castelo [prá veciñanza sempre será a Torre de Maceda]. Aquela…

Ler máis Ler máis

FRANCISCO CARBALLO NA PORTADA DO “CEIBE”

FRANCISCO CARBALLO NA PORTADA DO “CEIBE”

Coa xenerosidade de sempre, pásanos o amigo Xan Carballa outro salientábel documento prá memoria e vindicación do fillo sobranceiro de Maceda, o historiador e presbítero ilustrado Francisco Carballo. Desta volta trátase da portada do número 12 do Ceibe, o voceiro da Asamblea Nacional Popular Galega [ANPG], que leva data de novembro do 1977 [custaba 3 pesos, léase 15 pesetas da época]. Nesa histórica portada podemos ollar un Francisco Carballo combativo, megáfono en man, falando -enérxico- no III Plenario da ANPG…

Ler máis Ler máis

A ILLA DE ONS FOI DO CONDE DE MACEDA

A ILLA DE ONS FOI DO CONDE DE MACEDA

Por mor de certas excursións escolares achegámonos unhas cantas veces á Illa de Ons, unha teima que tiñamos dende había tempo… Un malogrado compañeiro na docencia, Manolo Maneiro, foi o que nos motivou pra que fixésemos no centro de ensino -en diferentes cursos e niveis-, boa parte do que conforma o Parque Natural Illas Atlánticas. Iamos a Cortegada [Carril, Vilagarcía], a Ons [Bueu], ás Cíes [Vigo]… Non houbo ocasión de facer o propio con Sálvora [Ribeira]… Outrosí coas “aspirantes” Illas…

Ler máis Ler máis

BIEITO ROMERO, AGALEGA ISLANDS E JOÃO DA NOVA

BIEITO ROMERO, AGALEGA ISLANDS E JOÃO DA NOVA

Seguimos con moito interese a columna “O son do ar” de Bieito Romero, o líder de Luar na Lubre, dende que comezou a publicala semanalmente no xornal La Voz de Galicia. Mesmo temos empregado algunhas delas como material docente. A de hoxe [Voz, 8/III/2022] vai sobre unha das nosas teimas de por vida. Mágoa que non puidese ollar tamén no Castelo de Maceda a exposición que comisariamos en 2002, e que titulamos “João da Nova, o descubridor galego do século…

Ler máis Ler máis