ENTREVISTA NO XORNAL LA REGIÓN

ENTREVISTA NO XORNAL LA REGIÓN

Co gallo da presentación do libro “Conversas co Bieito”, a xornalista Paula Palomanes, do xornal La Región de Ourense, púxose en contacto con nós pra artellar unha entrevista [o sábado das Festas das Neves en Maceda] que sairía en formato papel [na que repararemos noutra achega] e un pequeno avance dixital [2 minutos e 25 segundos] que penduraría o xornal en “youtube” [17 de agosto de 2022], cunha breve nota pra contextualizala: “Santiago Prol recolle no seu último libro, “Conversas co Bieito”, a historia política e vital do seu admirado amigo Bieito Seara. Nun formato de pregunta e resposta, o ex docente macedán fala co que fora director xeral de Acción Social en Vicepresidencia co Bipartito [2005-2009] e alcalde de Maceda durante nove meses [1995-96], até que unha moción de censura o afastou do cargo”

Entrevista na Praza do Alcatruz en Maceda. Xornal La Región, agosto de 2022

Os comentarios están pechados.