“CONVERSAS CO BIEITO”. AVANCE EDITORIAL

“CONVERSAS CO BIEITO”. AVANCE EDITORIAL

Portada do boletín electoral, 1999 [arquivo do autor].

Do libro “Conversas co Bieito” [Prol: 2022, Ed. Difusora], rematamos o cumprido capítulo oitavo [“Bipartito. O servizo ao País”, pp. 139-192] cunha pregunta chea de intencionalidade…

¿Botas de menos a primeira liña política?

Non, non. Agora ben, a min gústame ser proactivo. Estar na política e participar nela, pero doutro xeito. Non tes porque estar nun cargo pra pensar en clave política e actuar. A min sempre me gorentou operar en grupo e nesas sigo. Agrádame o debate político. Mesmo participar nalgún foro vindicativo. Se podo aportar a miña experiencia e as miñas ideas pra facer un mundo mellor, sexa en clave local, de País ou global, pois adiante. A política non só é o traballo e a estratexia partidaria. Eu son galego. Ser galego nos tempos de hoxe pra min significa un pouco de todo iso. Defender o idioma, a cultura, a historia, a tradición, o territorio… Sempre sen perder o norte.

Os comentarios están pechados.