“CONVERSAS CO BIEITO”, NOTA PRELIMINAR

“CONVERSAS CO BIEITO”, NOTA PRELIMINAR

Bieito Seara e Santiago Prol, Liceo de Ourense, 2010 [na homenaxe ao doutor Celso Sánchez]

Centrámonos desta volta na páx. 7 do libro “Conversas co Bieito” [Prol: 2022, Ed. Difusora]. Avanzamos o primeiro parágrafo da Nota Preliminar que focaliza o por que desta singular aventura:

“No abrente de 2021 propuxémoslle formalmente a Bieito Seara [Maceda, 1960] recapitular a súa traxectoria nun libro de conversas, ao xeito do que fixeramos [en coautoría con Xan Carballa] a comezos deste século co historiador Francisco Carballo [Prol / Carballa: 2002, Ed. ANT]. Era unha desas oportunidades que un investigador tiña de esculcar na vida dun sobranceiro de Maceda “en directo”. Até ía resultar doado. Os dous pertencemos á mesma xeración, somos amigos dende as primeiras letras en párvulos, medramos no mesmo contexto histórico, compartimos arelas e causas comúns, mesmo ideoloxicamente camiñamos por unha banda paralela”.

Os comentarios están pechados.