“CONVERSAS CO BIEITO”. CONTRAPORTADA

“CONVERSAS CO BIEITO”. CONTRAPORTADA

Aínda que desta volta penduramos a imaxe da portada, queremos reparar no texto da contraportada do libro “Conversas co Bieito” [Prol: 2022, Ed. Difusora], que axiña estará na rúa. ¡Beizón!

“Abrangue esta singular achega boa parte da traxectoria de Bieito Seara [Maceda, 1960]. Infancia na vila, anos de iniciación no Colexio dos Milagres, formación universitaria en Santiago de Compostela, primeiros pasos no eido cultural á fronte d´Os Cabaceiros, outrosí o activismo liderando a Comisión Pro-Instituto, a empresa como referente na xestión [Asesoría Bieito], a experiencia docente durante tres décadas, a militancia política en clave nacionalista, mesmo coa alcaldía de Maceda e a xeira do Bipartito en primeira liña [BNG], tamén outras causas a prol da dignificación dos nosos, outrosí a súa vida social e de lecer. Un libro esencial pra entender ao seu protagonista. Unha persoa que por méritos propios xa forma parte da nómina dos macedáns egrexios e dos galegos comprometidos coa dignificación do Noso País.”  

Os comentarios están pechados.