Navegación por
Categoría: joao da nova

ILHA DA TRINDADE DESCUBERTA POR JOÃO DA NOVA EN 1501

ILHA DA TRINDADE DESCUBERTA POR JOÃO DA NOVA EN 1501

Este arquipélago habitado [o máis afastado de América do Sur no Océano Atlántico] foi descuberto polo navegante macedán João da Nova. Nesta grande reportaxe, producida e dirixida polo prestixioso documentalista brasileiro Emerson Cabral, ollaremos na súa inmensa diversidade a Ilha da Trindade (e as Ilhas Martín Vaz), que emerxeron hai 3 millóns de anos. O documental, emitido na TV Assambleia do ES brasileira, o 9 de xuño de 2018, cita expresamente o nome do mariño occidental que a contemplou por…

Ler máis Ler máis

LECTURA DUN PAR DE FRAGMENTOS SOBRE O NAVEGANTE

LECTURA DUN PAR DE FRAGMENTOS SOBRE O NAVEGANTE

A comezos de novembro de 2010, a directiva da Asociación de Escritores en Lingua Galega [AELG], propúxonos facer varias gravacións breves, entre as que estaba a lectura dun fragmento dun dos libros da nosa autoría que máis nos gorentase [as gravacións fixéronse na terceira planta do Pazo de Raxoi, eiquí en Compostela, que mesmo está habilitada como sede do Consello da Cultura Galega]. Escollemos intencionadamente un par de fragmentos, o primeiro e o último parágrafo, do volume “João da Nova,…

Ler máis Ler máis

O LIBRO DOS NOBRES VENCELLADOS AO CASTELO EN GOOGLE BOOKS

O LIBRO DOS NOBRES VENCELLADOS AO CASTELO EN GOOGLE BOOKS

Foi un encargo e un compromiso noso, nomeadamente polo vencello do rei Afonso X o Sabio con Maceda, mesmo cando veu -con once anos de idade- facer inmersión lingüística en galego ao Val do Medo. Xa teremos tempo de peneirar ese capítulo de vagar. Hoxe avanzamos contraportada e o enlace do libro en google books [vista previa con páxinas limitadas, aínda que cun bo feixe delas en aberto, incluído case todo o capítulo sobre Afonso X e a súa conexión…

Ler máis Ler máis

ENTREVISTA EN RADIO MACEDA NO ANO CERO DO BICHO

ENTREVISTA EN RADIO MACEDA NO ANO CERO DO BICHO

Por iniciativa do ex alcalde e amigo Xabier Oviedo, que sempre exerce de macedán, participamos un par de veces nesta nova xeira de Radio Maceda, en plena pandemia (no Ano Cero do Bicho). A data desta segunda entrevista coincidiu co aniversario da Revolução dos Cravos, o 25 de abril de 2020. Falamos do universo vencellado coas nosas pescudas sobre Maceda e os seus egrexios durante unha media hora. Como Xabi sabe da nosa querenza por Bob Dylan, despediu a entrevista…

Ler máis Ler máis

A PRIMEIRA PISADA SOBRE O NAVEGANTE JOÃO DA NOVA

A PRIMEIRA PISADA SOBRE O NAVEGANTE JOÃO DA NOVA

Achegámonos por primeira vez á figura de João da Nova nun incunábel familiar, que gardamos con moito agarimo no noso estudio en Compostela. Estamos a falar de “Geografía General del Reino de Galicia. Provincia de Orense”, acabado de redactar por Vicente Risco, xa que logo, parte do traballo de investigación (deste singular volume de 884 páxinas), levaba autoría de don Benito Fernández Alonso, que xa exercía a “Ourensanía” nas primeiras décadas do século XX. A obra global, composta por seis…

Ler máis Ler máis