JOÃO DA NOVA NO TOMO XXXIII DA GRAN ENCICLOPEDIA GALEGA
Na vedraña “Gran Enciclopedia Gallega” [GEG] editada por fascículos en castelán, do emprendedor asturiano Silverio Cañada [30 tomos máis 2 anexos], e tirada no prelo de Heraclio Fournier [o das cartas da baralla] en Vitoria, había unha cativa entrada dedicada a João da Nova [Juan de Nóvoa na súa versión]. Despachaban ao galego máis sobranceiro do século XVI nunhas poucas liñas do tomo XXII, tirando como fonte a Francisco Lanza en “Dos mil nombres gallegos” [1953]. Cando saíu do prelo…