A ILLA DOS PROSCRITOS. RUMBO Á MÍTICA SANTA HELENA
Recuperamos -na categoría desta bitácora dedicada ao macedán universal João da Nova– un documental duns 26 minutos da DW [servizo público de televisión e radio alemáns], sobre unha das estratéxicas illas descubertas por el, que mesmo foi clave nas viaxes de regreso da Carreira da India, pois tiña auga doce e vexetación. Unha ollada singular esta interesantísima reportaxe de Thomas Denzel, producida en 2017 [co aeroporto aínda en probas por mor dos serios problemas co vento á hora de aterrar]….