Navegación por
Autor: sprol

ENCONTROS NO MORRAZO

ENCONTROS NO MORRAZO

Logo da homenaxe que lle fixemos en Maceda, o 4 de agosto de 2000, que Francisco Carballo agradeceu fondamente “por vir dos que máis quero e por xestarse dende as miñas orixes”, os amigos que tiveramos a ben organizar aquel recoñecemento, decidimos manter, cando menos, un encontro anual co Paco Carballo [así lle chamaban Bieito e Celso, xunto con outra xente da súa órbita máis próxima]. Esta foto que penduramos na bitácora, datada nun restaurante do Morrazo o 5 de…

Ler máis Ler máis

QUIROGA PALACIOS, CARDEAL E TRIBUNO DE GALIZA

QUIROGA PALACIOS, CARDEAL E TRIBUNO DE GALIZA

No libro de “Conversas” [Prol / Carballa, ANT, 2002] fixémoslle a Francisco Carballo un bo feixe de preguntas sobre Quiroga Palacios. A primeira ía sobre a entrevista que tivera con el no pazo arcebispal en Compostela. Dous relixiosos egrexios de Maceda xuntos. Un era cardeal e o outro, naquela altura, director do colexio dos Paúles en Marín: “A entrevista debeu ser no 1957 e foi unha experiencia bonita. Eu tiña a imaxe de Quiroga que había na diocese. Dicían que…

Ler máis Ler máis

FICHA DA CÍA SOBRE ILLA QUE LEVA O NOME DE JOÃO DA NOVA

FICHA DA CÍA SOBRE ILLA QUE LEVA O NOME DE JOÃO DA NOVA

Penduramos hoxe [dándolle forma] a ficha que a Axencia Central de Intelixencia Norteamericana [CIA] ten na arañeira sobre a illa que leva o nome do nauta orixinario de Maceda [Ourense, Galiza] e que eles recoñecen como “o famoso navegante e explorador español João da Nova”. Logo catalogan: “É posesión francesa dende 1897. Está localizada no sur leste de África, no Canal de Mozambique entre a costa africana e Madagascar. As súas coordenadas xeográficas son: 17 03 S, 42 45 E….

Ler máis Ler máis

RECUPERAR UN PERSOEIRO HISTÓRICO GALEGO

RECUPERAR UN PERSOEIRO HISTÓRICO GALEGO

Sempre que publicamos un libro, procuramos “movelo” nos medios de comunicación. A comezos de decembro de 2002, enviámoslle o noso volume “João da Nova, un mariño galego ao servizo da Coroa de Portugal” [Prol, 2002] á xornalista Concha Pino do staff de La Voz de Galicia en Santiago. Quedamos con ela nunha céntrica cafetaría abeirada á Praza Roxa eiquí en Compostela. Tamén viñera o reporteiro gráfico Xoán A. Soler, ao que lle regalaramos outro exemplar e que nos tirara a…

Ler máis Ler máis

A PRIMEIRA CASETE ARREDOR DE SIMON & GARFUNKEL

A PRIMEIRA CASETE ARREDOR DE SIMON & GARFUNKEL

Somos da xeración da televisión en branco e negro, a dos Chiripitifláuticos, Bonanza e o Virxiniano. A da bicicleta sen marchas nin casco, pero co “bombín” e co estoxo de coiro cos parches e ferramentas detrás do asento. Outrosí a xeración das casetes e os bolígrafos BIC, que mesmo empregabamos pra reparar as cintas. A primeira que tivemos foi unha de “Grandes éxitos de Simon & Garfunkel”, datada en 1972, interpretados por The Top of the Pops [versións de autores…

Ler máis Ler máis

A NOSA CRONOBIOGRAFÍA DO NAVEGANTE JOÃO DA NOVA

A NOSA CRONOBIOGRAFÍA DO NAVEGANTE JOÃO DA NOVA

1450.- [perto de]. Nace João da Nova [Xoán de Nóvoa] na terra de Maceda [Ourense, Reino de Galiza]. 1953.- Fin do imperio bizantino. Constantinopla pasa a chamarse Istambul. 1467.- Revolución Irmandiña. Foxen cara Portugal o arcebispo Fonseca II e tamén relevantes nobres galegos [varios deles vencellados coa casa nobiliaria dos Nóvoas de Maceda]. Diego de Lemos asalta e derruba parte da Torre de Maceda. 1469.- Regresan [con mercenarios] os nobres dirixidos por Pedro Madruga. Remata a Guerra Irmandiña coa derrota…

Ler máis Ler máis