DEBEN BAUTIZAR EN GALEGO NOVOS CORPOS CELESTES

DEBEN BAUTIZAR EN GALEGO NOVOS CORPOS CELESTES

Lemos nun medio de difusión estatal, a revista máis vendida de España [Pronto, núm. 2.666, 10/VI/2023, páx. 89] que a Organización de Nacións Unidas  [ONU] “propuxo que se lle dese prioridade ás linguas vernáculas pra nomear novos corpos celestes descubertos. A Universidade Pública do País Vasco suxeriu que se bautizase como Gar [chama] ao planeta Gliese 486 e Su [fogo] á estrela abeirada. A Unión Astronómica Internacional deu a súa conformidade. Tamén o fixo coas propostas chegadas dende as Illas Baleares, polo que haberá un planeta chamado Catalineta e unha estrela bautizada como Filet d´Or [fío de ouro]”.

Nós tamén temos que vindicar que lle poñan no noso idioma vernáculo [o galego] o nome a novos corpos celestes. A Historia non se repite, pero amosa ciclos semellantes. Lembremos que o Vaticano II permitiu que as linguas vernáculas puidesen oficiar a liturxia nos seus idiomas. Os vascos e os cataláns conseguírono axiña. O galego quedou fóra até que un macedán, o Cardeal Quiroga Palacios, deu un puñetazo na mesa vaticana e logrou, en xaneiro de 1969, que fose una realidade [pinchar eiquí]. A pregunta é obvia: ¿Quen debe pegar un puñetazo -dende eiquí- na mesa da Unión Astronómica Internacional? ¿Ou é que faltan personalidades do peso do Cardeal de Galicia pra lograr esta arela?…

Os comentarios están pechados.