O CANÓNICO DÍPTICO DOS FELOS DE MACEDA
Na altura do Entroido do ano 2000, o alcalde de Maceda, Manolo Rodríguez Carballo, suxeriunos sintetizar o universo do Felo para poder vulgarizalo nun díptico, cun texto que non debería chegar aos dous folios. A través do servizo de publicacións da Deputación Provincial de Ourense [que era onde el traballaba], logramos un díptico moi digno abondo espallado, mesmo nos mass media daquela e na arañeira de hogano. Na contraportada inserimos unha lograda caricatura de Elena Ferro, unha compañeira nosa na…