Navegación por
Categoría: teimas

A DEPRESIÓN TECTÓNICA DE MACEDA

A DEPRESIÓN TECTÓNICA DE MACEDA

A conca de Maceda áchase no centro no que hogano conforma a provincia de Ourense. Amosa unha forma alongada. As rochas metamórficas e graníticas que se atopan nesta depresión tectónica conformáronse na oroxenia varisca [herciniana], ao remate da Era Primaria, aproximadamente hai uns 300 millóns de anos. As rochas metamórficas agroman nas beiras nor-occidental e sur-occidental con niveis de cuarcitas e lousas. As rochas graníticas atópanse no sector nor-oriental e occidental. Intertextualizamos ao xeógrafo Augusto Pérez Alberti (e outros) en…

Ler máis Ler máis

O SINGULAR VIVEIRO DE MACEDA (2)

O SINGULAR VIVEIRO DE MACEDA (2)

Comezamos cun vídeo [1´18´´] elaborado polo Viveiro de Maceda do Grupo Tragsa. Mesmo coas consignas subtituladas deste singular [e único] proxecto empresarial con repercusións a nivel estatal: “9,8 hectáreas de produción. Capacidade para 4 millóns de plantas/ano. Repoboación forestal, froiteira e ornamental. Laboratorio de cultivo “in vitro”. Liña de sementeira automática. Nave de traballo: 2.000 m2. Invernadoiro calefactado: 6.000 m2. Umbráculo con pantalla térmica: 6.000 m2. Zona de endurecemento: 12.000 m2. Ensaios de fertilización e resistencia á seca”.    Ademais…

Ler máis Ler máis

O SINGULAR VIVEIRO DE MACEDA (1)

O SINGULAR VIVEIRO DE MACEDA (1)

Pra contextualizar as orixes do actual Vivieiro de Maceda do Grupo Tragsa, imos tirar das “Conversas co Bieito” (Prol, 2022). No capítulo “Concello. A política local”, preguntámoslle ao amigo Xosé Bieito Seara, logo de falar do fenómeno da carretaxe de votos na nosa contorna, se podía contar algunhas anécdotas da súa xeira como alcalde de Maceda (1995-1996). Eis o que nos contou sobre o que hoxe nos interpela (pp. 131-132): “A cuarta anécdota é unha de poder económico salientábel. Estou…

Ler máis Ler máis

O CENTRO DE RECUPERACIÓN DE FAUNA DO RODICIO

O CENTRO DE RECUPERACIÓN DE FAUNA DO RODICIO

O Centro de Recuperación de Fauna do Rodicio (tel. contacto: 628 358652) leva algo máis de tres décadas con nós. Intertextualizamos á web da Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia: “Ten como finalidade o coidado e a recuperación dos exemplares da fauna silvestre autóctona que non estean en condicións de subsistir por si mesmos no medio natural. O seu principal obxectivo é a súa reintegración ao medio natural ou, se isto non é posible, a súa integración en…

Ler máis Ler máis

MOSTEIRO DE XUNQUEIRA DE ESPADANEDO

MOSTEIRO DE XUNQUEIRA DE ESPADANEDO

O Concello de Xunqueira de Espadanedo limita con Nogueira de Ramuín e Parada do Sil ao norte, Montederramo ao leste, Maceda ao sur e con Esgos ao oeste. O cenobio de Xunqueira pertenceu á orde dos beneditinos e despois aos cistercienses. Polo 1170 funcionou como filial do Mosteiro de Montederramo desvencellándose posteriormente. Singulares son os capiteis “historiados”, o altar románico de pedra e os retablos. Irá reformándose co paso dos séculos. A fachada  neoclásica da igrexa amosa tres corpos e…

Ler máis Ler máis

OS OLEIROS DE NIÑODAGUIA

OS OLEIROS DE NIÑODAGUIA

A contorna de Maceda foi, dende tempos inmemoriais, terra de oleiros: Tioira, Cimadevila, Carguizoi, Sarreaus, Batán… En todos eles houbo artesáns do barro [tamén na vila]. O terreo arxiloso da parte inferior da depresión tectónica de Maceda facilitou esa actividade. Eiquí tamén os coñecemos como cacharreiros, xerreiros ou, na versión castelanizada, como alfareiros. Tiramos do historiador Xosé Manuel Vázquez Varela na voz “Alfarería” [GEG, t.1]: “Nos anos 30 [do séc. XX] os principais alfares galegos estaban en Buño (A Coruña),…

Ler máis Ler máis