XOSÉ LOIS PARENTE, FILLO SOBRANCEIRO DE MACEDA

XOSÉ LOIS PARENTE, FILLO SOBRANCEIRO DE MACEDA

Portada do libro (Prol, 2006 / Postal Editores)

Recuperamos do volume Xosé Lois Parente, poeta e galeguista na II República (Santiago Prol, 2006) parte do breve texto que inserimos no PUNTO FINAL e na contracapa, coa teima de reivindicar a súa figura para a memoria colectiva de Nós:

“Xosé Lois Parente exerceu como funcionario de telégrafos, farmacéutico e avogado na vila de Maceda (Ourense). Foi un activo militante da corrente conservadora do Partido Galeguista, un columnista político-ideolóxico na prensa ourensá e un poeta bilingüe que intensificou a súa creatividade en galego coa chegada da II República. Pasou á Historia da Nosa Literatura como un discreto autor que Carballo Calero incluíu na Xeración do Seminario e que, no Dicionario da Literatura Galega (1995) ubican na etapa de anovamento de preguerra. Mesmamente Álvaro das Casas inseríuno na corrente do Vangardismo. Recuperamos, no Ano da Memoria, a figura literaria, política e profesional deste macedán sobranceiro e rememoramos unha das súas mellores frases: “A paisaxe cincelounos diferentes dos demais irmáns da Humanidade”. SAÚDE E TERRA!

Fonte: Heraldo de Galicia , núm. 156, outubro de 1933. Arquivo do autor.

Os comentarios están pechados.