Navegación por
Categoría: outrosí

NEIRA VILAS E GÓMEZ GAYOSO (2)

NEIRA VILAS E GÓMEZ GAYOSO (2)

En 1991 Xosé Neira Vilas compuxo un poema á memoria de Gómez Gayoso. Apareceu publicado en As últimas horas de José Gómez Gayoso e Antonio Seoane, loitadores antifranquistas: caída, tortura e execución por garrote vil (1948) e coroa poética en gabanza da súa grandeza militante con outras páxinas antifranquistas (2003) en Edicións do Castro, opúsculo de Xesús Alonso Montero e Xosé Ramón Fandiño, co gallo da inauguración, no Cemiterio de San Amaro da Coruña, do mausoleo que o PCG levou…

Ler máis Ler máis

NEIRA VILAS E GÓMEZ GAYOSO (1)

NEIRA VILAS E GÓMEZ GAYOSO (1)

Agora que xa sabemos a personalidade á que lle van dedicar as Letras Galegas en 2027, queremos vindicar un dos seus libros, apenas citatado dentro da súa inxente obra literaria. Guerrilleiros de Xosé Neira Vilas saíu do prelo de Edicións do Castro en 1991. Nel dedícalle case a metade do texto (pp 123-208) a un destacado fillo de Maceda da primeira metade do século XX. Titulouno “XOSÉ GÓMEZ GAYOSO: TRAXECTORIA DUN HEROE”. Naquela altura moito do que sabemos hoxe sobre…

Ler máis Ler máis

CONVERSAS CO BIEITO & IA

CONVERSAS CO BIEITO & IA

Mergullámonos desta volta nesta singular biografía consonte a telegráfica aportación da IA: “Conversas co Bieito” é un libro publicado en xullo de 2022 polo escritor e investigador galego Santiago Prol, que recolle a traxectoria política, profesional e vital do economista e político macedao Bieito Seara. [1, 2, 3] O volume, editado baixo o selo de Editorial Difusora (Fluxos), estrutúrase mediante un formato dinámico de pregunta e resposta. A obra serve como unha crónica detallada da evolución política de Galicia nas…

Ler máis Ler máis

O ESPELLO DE GÓMEZ GAYOSO

O ESPELLO DE GÓMEZ GAYOSO

“Hai catro espellos nos que todo galego de ben debe mirarse. Catro figuras egrexias que nos deben servir de exemplo a todos. Refírome a  Afonso Rodríguez Castelao, Benigno Álvarez, Alexandre Bóveda e Xosé Gómez Gayoso” [Luís Soto, 1983]. Xosé Gómez Gayoso, que nacera o 20 de setembro de 1910 na vila de Maceda, emigrou dende moi cativo cos seus pais cara Vigo, unha emerxente cidade portuaria con moitas posibilidades. Na xeira republicana tivo un perfil baixo pois era moi novo….

Ler máis Ler máis

POLÍTICOS DE MACEDA NAS LISTAS DO 23-F

POLÍTICOS DE MACEDA NAS LISTAS DO 23-F

Aos dez anos do escuro intento de golpe de Estado do 23 de febreiro de 1981, o xornalista coruñés Carlos Fernández Santander tivo a ben publicar as listas negras dos controlados no 23-F no Noso País no xornal La Voz de Galicia no que colaboraba con asiduidade, nomeadamente con temas relacionados co Exército e as FOP. Había outras listas a nivel estatal… Lograra Carlos Fernández aquelas listas de fontes “off the record” da dereita, extrema dereita e do propio Exército…

Ler máis Ler máis

BIEITO SEARA CONSONTE ANXO QUINTANA

BIEITO SEARA CONSONTE ANXO QUINTANA

Rescatamos hoxe, do Introito [páx. 12] das “Conversas co Bieito” [Prol, 2022], as verbas de Anxo Quintana, vicepresidente da Xunta de Galicia no Goberno Bipartito entre 2005 e 2009: “Un día dixéronme que en Maceda había un rapaz nacionalista moi interesante. Eu, que daquela dedicábame ao proselitismo nacional a tempo parcial, mandei a un propio para testar a noticia e pouco despois tiven a oportunidade de coñecer a Bieito, que así se chamaba o intercepto. Supoño que é difícil que a primeira…

Ler máis Ler máis