Navegación por
Categoría: outrosí

BIEITO SEARA CONSONTE XOÁN ANTÓN PÉREZ-LEMA

BIEITO SEARA CONSONTE XOÁN ANTÓN PÉREZ-LEMA

Recuperamos hoxe, do Introito [páx. 10] das “Conversas co Bieito” [Prol, 2022], as verbas do polifacético activista en clave Nosa e mentor dun prestixioso bufete de avogados na cidade da Coruña, Xoán Antón Pérez-Lema: “Coñecín a Bieito Seara cando os dous partillamos na equipa directiva da Vicepresidencia da Xunta, nomeados por Anxo Quintana. Despois tivemos ocasión de colaborar profesionalmente, el dende a súa asesoría empresarial e eu dende o despacho de avogados que dirixo. Tanto no eido público como no…

Ler máis Ler máis

ENTREVISTA A UN FELO AMIGO

ENTREVISTA A UN FELO AMIGO

Comezamos o engaiolante traballo de campo arredor do universo Felo a finais dos anos 80 do século pasado. Trinta e pico anos despois fixémoslle, no relevante libro en clave nosa “Conversas co Bieito” (Prol: 2022), publicado pola editora ourensá Difusora, varias preguntas arredor do enigma ao noso amigo Xosé Bieito Seara Formoso (páxinas 241-244 do capítulo “Vida social / O lecer”). Recuperámolas desta volta, xa que logo sintetizan aqueladamente o que hogano interpela aos Felos de Maceda. Mesmo o camiño…

Ler máis Ler máis

XULIO CONDE, DISTINCIÓN AO MÉRITO DEPORTIVO 2022

XULIO CONDE, DISTINCIÓN AO MÉRITO DEPORTIVO 2022

Onte, 6 de outubro de 2022, os macedáns [e os galegos en xeral] soubemos que o presidente da Xunta de Galicia materializara a entrega da medalla e o diploma ao Mérito Deportivo a Xulio Conde. Xa Radio Maceda avanzaba o día 4 [feira] a nova. No libro “Conversas co Bieito” [Prol: 2022] reparamos varias veces en Xulio Conde. Focalizámolo como activista cultural abandeirando as Noites Folk do Castelo de Maceda. Tamén como político nomeadamente no seu compromiso en clave Nosa…

Ler máis Ler máis

BIEITO E OS CABACEIROS

BIEITO E OS CABACEIROS

No libro “Conversas co Bieito” [Prol, 2022, Ed. Difusora], dedicámoslle monograficamente o capítulo 6º á Agrupación Cultural Os Cabaceiros de Maceda, que el abandeirou dende comezos da década dos 80 até o remate do verán de 1986. Dende a páxina 83 até a 104 mergullámonos de vez naquela xeira cultural. Penduramos na achega de hoxe a resposta á última pregunta dese capítulo… ¿Que significou a Agrupación Cultural Os Cabaceiros nas novas xeracións de Maceda? “Comezaría dicindo que houbo bastantes presións…

Ler máis Ler máis

ENTREVISTA NO XORNAL LA REGIÓN

ENTREVISTA NO XORNAL LA REGIÓN

Co gallo da presentación do libro “Conversas co Bieito”, a xornalista Paula Palomanes, do xornal La Región de Ourense, púxose en contacto con nós pra artellar unha entrevista [o sábado das Festas das Neves en Maceda] que sairía en formato papel [na que repararemos noutra achega] e un pequeno avance dixital [2 minutos e 25 segundos] que penduraría o xornal en “youtube” [17 de agosto de 2022], cunha breve nota pra contextualizala: “Santiago Prol recolle no seu último libro, “Conversas…

Ler máis Ler máis

AO ABEIRO DA PRESENTACIÓN DAS “CONVERSAS CO BIEITO”

AO ABEIRO DA PRESENTACIÓN DAS “CONVERSAS CO BIEITO”

O 3 de agosto deste 2022, foi un día grande pra Maceda, pra Bieito e pra nós. Presentamos o relevante volume “Conversas co Bieito” [Prol: 2022. Ed. Difusora] que, como xa avanzamos noutra achega, amosa un nivelazo en todos os sentidos. Arredor dun cento de persoas cumprido tiveron a ben acompañarnos nesa xornada histórica, destacando nun lugar preferente a nai de Bieito [Milagros] e o seu núcleo familiar máis aceso. Ademais das intervencións de Alberte Pérez, Ana Garza, Anxo Quintana…

Ler máis Ler máis