BIEITO SEARA CONSONTE XOÁN ANTÓN PÉREZ-LEMA

BIEITO SEARA CONSONTE XOÁN ANTÓN PÉREZ-LEMA

Portada do libro “Conversas co Bieito”, Difusora, 2022

Recuperamos hoxe, do Introito [páx. 10] das “Conversas co Bieito” [Prol, 2022], as verbas do polifacético activista en clave Nosa e mentor dun prestixioso bufete de avogados na cidade da Coruña, Xoán Antón Pérez-Lema:

“Coñecín a Bieito Seara cando os dous partillamos na equipa directiva da Vicepresidencia da Xunta, nomeados por Anxo Quintana. Despois tivemos ocasión de colaborar profesionalmente, el dende a súa asesoría empresarial e eu dende o despacho de avogados que dirixo. Tanto no eido público como no privado, Bieito desenvolve o seu labor animado pola idea de servizo ao País no labor político; ao cliente no privado, dende parámetros de solvencia técnica, proximidade humana e flexibilidade negociadora. Ademais Bieito ten o humor das persoas intelixentes; un humor que é quen de reducir as tensións  e relativizar os problemas.

Bieito é un patriota que sempre ten Galicia e o pulo á súa cultura e á súa  economía no maxín e partilla canda moitos de Nós, o proxecto dunha Galicia moderna e dona de seu, dunha sociedade máis xusta de persoas libres e dunha economía galega desenvolvida e sostíbel.

Para máis Bieito sabe ser amigo d@s amig@s e ten a grande virtude de saber relacionarse cos que non pensan coma el”.

Xoán Antón Pérez-Lema no seu despacho. Foto: Xurxo Lobato. Fonte: nabarralde.eus
Os comentarios están pechados.