BIEITO SEARA CONSONTE ANXO QUINTANA

BIEITO SEARA CONSONTE ANXO QUINTANA

Bieito Seara e Anxo Quintana en actos oficiais, 2006 e 2008. Fonte: “Conversas co Bieito”, páx. 273, 2002

Rescatamos hoxe, do Introito [páx. 12] das “Conversas co Bieito” [Prol, 2022], as verbas de Anxo Quintana, vicepresidente da Xunta de Galicia no Goberno Bipartito entre 2005 e 2009:

“Un día dixéronme que en Maceda había un rapaz nacionalista moi interesante. Eu, que daquela dedicábame ao proselitismo nacional a tempo parcial, mandei a un propio para testar a noticia e pouco despois tiven a oportunidade de coñecer a Bieito, que así se chamaba o intercepto.

Supoño que é difícil que a primeira impresión que che causa unha persoa perdure sempre no tempo, máxime cando o tempo do que estamos a falar son case 40 anos. Mais neste caso é así. Eu aínda vexo no Bieito Seara de hoxe a seriedade cargada de ironía daquel rapaz da Asociación Cultural Os Cabaceiros. Tamén a súa firmeza de ideas adobiada sempre de relativismo intelixente, a súa capacidade de traballo e perseveranza, a súa paciencia e, sobre todo, a súa bonhomía. Para Bieito, antes e agora, enfadarse é un traballo que non paga pena.

Un pode sentirse afortunado de contar entre os seus amigos cunha persoa como Bieito. Eu teño esa fortuna. Aínda que sexa de Maceda! (Se non o digo rebento…)”. Beizón!

Lema do BNG na campaña electoral ao Parlamento galego en 2009. Arquivo do autor.
En Expourense na presentación de “Galisenior”, 2006. Fonte: “Conversas co Bieito” [Prol, 2022, páx. 272]
Os comentarios están pechados.