Navegación por
Categoría: f.carballo

ENGRACIA VIDAL & CARBALLO, “UN RADICAL EQUILIBRADO”

ENGRACIA VIDAL & CARBALLO, “UN RADICAL EQUILIBRADO”

Co gallo do 10º cabodano do pasamento de Francisco Carballo [finou en Salamanca o 29 de novembro de 2014], recuperamos unha aproximación entrañábel. Na bitácora www.irimegos.wordpress.com [da Asociación Irimia á que pertenceu o fillo sobranceiro de Maceda], ollamos unha singular achega de Engracia Vidal, ao abeiro da vindicación anual a prol de Alexandre Bóveda no Día da Galiza Mártir (17 de agosto) en Poio e Pontevedra.  No tradicional xantar organizado pola Fundación Alexandre Bóveda, fíxose entrega do X Premio Galiza Mártir a…

Ler máis Ler máis

PREMIO GALIZA MÁRTIR A TÍTULO PÓSTUMO

PREMIO GALIZA MÁRTIR A TÍTULO PÓSTUMO

Publicaba o xornal Faro de Vigo, na súa edición de Pontevedra, o 18 de agosto de 2015, poucos meses despois do pasamento do presbítero ilustrado de Maceda, este titular: “Premio Galiza Mártir a título póstumo para Francisco Carballo”. Logo nunha entradiña, engadían: “Cidadáns, organizacións políticas, fundacións e asociacións pola recuperación da memoria histórica e a defensa dos dereitos humanos conmemoran o Día da Galiza Mártir”. “Non é a tristura e as bágoas o que marca este acto, é o orgullo que…

Ler máis Ler máis

ASOCIACIÓN CULTURAL DE VIGO E CARBALLO

ASOCIACIÓN CULTURAL DE VIGO E CARBALLO

Francisco Carballo chega a Vigo no outono de 1973 cunha teima: inserirse en todas as frontes posíbeis para “facer camiño”, para dignificar Galiza e para que o pobo galego tome conciencia de seu. Así contacta con persoeiros centrais dentro do mundo nacionalista naquela altura: Méndez Ferrín, Bautista Álvarez, Camilo Nogueira, Francisco Rodríguez… No libro das Conversas (ANT, 2002) e nas Memorias que tivo a ben pasarnos, dedícalle varios parágrafos á súa xeira na Asociación Cultural de Vigo. Desta volta tiramos do que a AS-PG…

Ler máis Ler máis

AUTOBIOGRAFÍA DE FRANCISCO CARBALLO / BVG (2)

AUTOBIOGRAFÍA DE FRANCISCO CARBALLO / BVG (2)

“(…). Como escritor comecei en revistas relixiosas, nos anos 1946-49. Logo publiquei “El Santuario del Monte Medo”, que se esgotou nos anos 60. Ademais dos meus libros [en galego] referidos na bibliografía [pinchar eiquí], en Salamanca editei “La oración cristiana” na “Enciclopedia do Catolicismo e a Congregación da Misión” – PP Paúles, en EPESA.  Teño varias monografías en números extra d´ANT, ensaios en revistas estatais e internacionais, etc. Escribo semanalmente no periódico ANT recensións de libros ou / e columnas. …

Ler máis Ler máis

AUTOBIOGRAFÍA DE FRANCISCO CARBALLO / BVG (1)

AUTOBIOGRAFÍA DE FRANCISCO CARBALLO / BVG (1)

“Son de Celeirón de Asadur (Maceda – Ourense). Nacín o 8 de marzo de 1925. O cuarto de sete irmáns (catro homes e tres mulleres). Lembro a miña infancia como inocencia e xogo. Fun á escola aos cinco anos; fixen a 1ª comuñón aos seis. Montei a cabalo desde sempre porque me levaban de neno e sabía montar desde os tres anos. Era unha infancia divertida: a escola tenra; as feiras de Maceda os 4 e os 20, unha ilusión;…

Ler máis Ler máis

BAUTISTA ÁLVAREZ E FRANCISCO CARBALLO

BAUTISTA ÁLVAREZ E FRANCISCO CARBALLO

Lembramos a Bautista Álvarez en varias das homenaxes que, dende Maceda tivemos a ben facerlle a Francisco Carballo. Sabiamos da súa fonda amizade dende que Carballo regresou a Vigo en 1973. Bautista estivo na homenaxe que lle tributamos ao presbítero ilustrado de Maceda o 4 de agosto de 2000, ao abeiro da nosa torre medieval, na súa casa natal en Celeirón de Asadur e na biblioteca que hogano leva o nome de Francisco Carballo. Alí Bautista reencontrouse cun antigo compañeiro…

Ler máis Ler máis