UN LUSTRO NO ORFEÓN UNIÓN ORENSANA (1)
Foron cinco anos intensos e moi gratificantes. Xerardo Salgado Valdés, catedrático de Música na Escola Universitaria de EXB de Ourense e organista oficial da Catedral de Auria, invitounos pra que formasemos parte do orfeón da cidade que dirixía el. Fornecía voces co alumnado de Maxisterio, cando consideraba que esta coral polifónica as demandaba. Foi ao comezo do curso 1978-79 cando comezamos aquela aventura xunto con media ducia de compañeiros e compañeiras de aulas. Fíxonos probas de voz e considerou que,…