CARTA DE BEIRAS A CARBALLO DENDE O ALÉN

CARTA DE BEIRAS A CARBALLO DENDE O ALÉN

Pásanos Miguel, o sobriño neto de Francisco Carballo, esta foto coa carta que anonimamente lle deixaron, en nome de Xosé Manuel Beiras, a Francisco Carballo no camposanto de Asadur (Maceda). Súmase a outras moitas que están aparecendo nas lápidas doutros egrexios galegos, nesa benvida á comunidade dos defuntos máis Nosos (PINCHAR EIQUÍ).

No manuscrito podemos ler:

“Francisco Carballo, meu irmán do común e cronista da nosa dignidade, xaces eiquí como apóstolo da palabra libre, teólogo da patria insurxente e memoria inquebrantábel do pobo traballador galego. Non busquedes a súa fe nos altares do silencio, senón no ronsel infinito dunha Galiza ceibe e dona do seu futuro.

A túa semente xa florece na nosa insubmisión”

XOSÉ MANUEL BEIRAS

Os comentarios están pechados.