ENTREVISTA A BIEITO SEARA NA HOMENAXE ARREDOR DE RADIO MACEDA
O 10 de agosto de 2013, ao abeiro das Festas Patronais das Neves, penduraron na arañeira esta lograda entrevista ao Bieito, fillo sobranceiro de Maceda e pioneiro de moitas iniciativas. Entre elas unha emisora local libre [Radio Cabaceiro] a mediados dos anos 80 do século XX, dende a plataforma da Agrupación Cultural Os Cabaceiros de Maceda que el abandeirou con moita enerxía positiva naquela década. Eis esta interesante entrevista [dende a Praza dos Cabaceiros que el “bautizou” cando foi alcalde]. Recuperámola desta volta, xa que logo forma parte da nosa memoria colectiva de hogano. ¡Saúde e Patria!