¡INSTITUTO PARA MACEDA XA!

¡INSTITUTO PARA MACEDA XA!

Esa acertada consigna agromou no maxín do Bieito en 1986. Tardou cinco longos anos até que foi unha realidade. Xa forma parte da nosa memoria colectiva de hogano. Nesa pegatina [“tuneada” coa autorización do Xosé Lois], aparecía o Carrabouxo cunha pancartiña na que destacaba a lograda consigna. Respostáballe un paisano, sinalando co dedo moi vehemente: ¡conseguirémolo! Abofé que así foi. Aquel delongado lustro de loita, de sinerxias, de empatía, de pedagoxía colectiva, de enerxía positiva e de implicación das forzas vivas da contorna de Maceda [intelixentemente liderados polo volcánico Bieito naquela altura], lograron que hoxe Maceda teña un instituto de Ensino Medio moi digno [IES San Mamede], que oferta educación secundaria pra toda a comarca e máis alá… Esta relevante fasquía, mesmo ampliada, axiña sairá á luz… ¡Saúde e Patria!

Os comentarios están pechados.