A CASA DE ANA FRANK
No verán de 2007 fixemos coa nosa familia un circuíto polo norte de Alemaña, Holanda e Bélxica. Naquela viaxe ía incluída unha estancia en Amsterdam un par de días. Aproveitamos pra ver a Casa de Ana Frank, un museo prá historia que nos impresionara moito aos catro. Coas entradas viña un libriño guía de 16 páxinas, no que aparecía o relato ilustrado do que sucedera naquela casa dende o 6 de xullo de 1942 até o 4 de agosto de…