Navegación por
Categoría: teimas

O “LOBISHOME” BLANCO ROMASANTA

O “LOBISHOME” BLANCO ROMASANTA

O Concello de Esgos é coñecido polo cenobio de San Pedro de Rocas e por ser berce da familia Baltar [os da Deputación, non os benfeitores Baltar de Padrón e Compostela que novelou recentemente Suso de Toro en “Un señor elegante”]. Outrosí por ser berce de Blanco Romasanta. Estamos diante do primeiro caso de licantropía xudicializado en España a mediados do século XIX. Intencionadamente non puxemos o nome no titular desta achega. Fora rexistrado na partida bautismal como Manuela. Andando…

Ler máis Ler máis

ELIXIO RIVAS E O MUSEO DOS DEVANCEIROS

ELIXIO RIVAS E O MUSEO DOS DEVANCEIROS

Achegámonos a Elixio Rivas por mor dunha monografía súa sobre a “Historia do Santuario dos Milagres” [1991]. Agora ben, abraiounos a “biblia” da nosa contorna, que el tirara do prelo en 1985; un auténtico “vademecum” que todo investigador debe ter en conta á hora de mergullarse nestas terras. Estamos a falar de “A Limia: Val de Antela e Val do Medo”. Elixio Rivas é un pioneiro ilustrado; todo un referente en etnografía, arqueoloxía e toponimia a nivel galego. Estudara nos…

Ler máis Ler máis

ARREDOR DO SANTUARIO DOS MILAGRES  DO MONTE MEDO (1)

ARREDOR DO SANTUARIO DOS MILAGRES  DO MONTE MEDO (1)

Houbo un Monte Medo pagán até o século IX, cunha grandísima explotación mineira abeirada [na época do Imperio Romano]. Logo un Monte Medo relixioso que chega até os nosos días, cun centro de culto mariano [maiormente dende o século XVIII], un dos máis concorridos de Galicia. Alí, ademais da visita de rigor aos espazos relixiosos, podemos achegarnos até o Carballo da Santa; unha árbore centenaria que pode sobordar os cincocentos anos e que aparece salientada na web www.patrimoniogalego.net; un carballo…

Ler máis Ler máis

A MAXIA DE SAN PEDRO DE ROCAS

A MAXIA DE SAN PEDRO DE ROCAS

Fomos até San Pedro de Rocas moreas de veces. A primeira xa de moi cativos cos nosos pais. Logo coas cuadrillas de Maceda no solpor da adolescencia e primeira xuventude. Iamos máis de 20 persoas no autobús de liña da Empresa Mangana, dende Maceda até o cruce cara San Pedro de Rocas en Esgos [9 km aprox.]. Despois subiamos andando até o cenobio [case 5 km máis] gozando da abraiante beleza daquela paisaxe… Alí pasamos xornadas completas de lecer os…

Ler máis Ler máis

ESCOLAS VIAXEIRAS / CÁCERES

ESCOLAS VIAXEIRAS / CÁCERES

A mediados dos anos 80 do século pasado impartiamos aulas en Bembibre [A Coruña]. Naquela altura estaban de moda as Escolas Viaxeiras por todo o Estado español. 17 discentes de tres comunidades autónomas distintas visitarían unha provincia allea á súa comunidade. Compartirían vivencias culturais e turísticas ao longo dunha semana. Tocounos ir cos discentes de oitavo curso da nosa titoría a Cáceres. Como había un convenio do Ministerio de Educación con Renfe, os desprazamentos facíanse en tren e logo en…

Ler máis Ler máis

A CASA DE ANA FRANK

A CASA DE ANA FRANK

No verán de 2007 fixemos coa nosa familia un circuíto polo norte de Alemaña, Holanda e Bélxica. Naquela viaxe ía incluída unha estancia en Amsterdam un par de días. Aproveitamos pra ver a Casa de Ana Frank, un museo prá historia que nos impresionara moito aos catro. Coas entradas viña un libriño guía de 16 páxinas, no que aparecía o relato ilustrado do que sucedera naquela casa dende o 6 de xullo de 1942 até o 4 de agosto de…

Ler máis Ler máis