Navegación por
Categoría: miscelanea

ENTREVISTA EN RADIO MACEDA NO ANO CERO DO BICHO

ENTREVISTA EN RADIO MACEDA NO ANO CERO DO BICHO

Por iniciativa do ex alcalde e amigo Xabier Oviedo, que sempre exerce de macedán, participamos un par de veces nesta nova xeira de Radio Maceda, en plena pandemia (no Ano Cero do Bicho). A data desta segunda entrevista coincidiu co aniversario da Revolução dos Cravos, o 25 de abril de 2020. Falamos do universo vencellado coas nosas pescudas sobre Maceda e os seus egrexios durante unha media hora. Como Xabi sabe da nosa querenza por Bob Dylan, despediu a entrevista…

Ler máis Ler máis

NO PROGRAMA CULTURAL ZIGZAG DA TVG ARREDOR DE MANUEL VIDAL

NO PROGRAMA CULTURAL ZIGZAG DA TVG ARREDOR DE MANUEL VIDAL

Cando publicamos o volume “Manuel Vidal, un presbítero ilustrado de Maceda” (Santiago Prol, Postal Editores: 2017), levabamos moitos anos comprometidos con aquela arela. Como case sempre neste Noso País, o autor é quen move a vulgarización dos seus libros. Cos nosos contactos na RTVG procuramos que aquela achega saíse no salientábel programa cultural ZigZag. Logramos unha sintética reportaxe, gravada na Praza de Mazarelos, intramuros da améndoa de Santiago de Compostela, onde estivera o Instituto Masculino no que exercera como catedrático…

Ler máis Ler máis

O TÍO TINO, UN PEQUENO GRAN HOME

O TÍO TINO, UN PEQUENO GRAN HOME

O 19 de xullo de 2016 finou con 80 anos Juan Prol Cid, cronista local, xefe de Correos, alcalde de Maceda, persoa erudita, boa e xenerosa. Para nós o tío Juan foi o poeta Lorp Dic (léase Prol Cid ao revés), brincadeira que el empregou como pseudónimo para asinar traballos e poesías. O 20 de febreiro de 2017 finou con 78 anos Constantino Prol Cid, profesor e catedrático de Filosofía (fundador do Grupo Aletheia), director de instituto, inspector de Educación,…

Ler máis Ler máis

COLLAGE, 2 DE XANEIRO DE 1972

COLLAGE, 2 DE XANEIRO DE 1972

Para o fondo de pantalla da nosa bitácora acordamos unha miscelánea a xeito de “collage” (en francés), con anacos de tres retratos dunha serie  en “black & white”, que meu irmán tivera a ben tirar, cunha cámara de fotos moi sinxela, un día sublime de invernía, coa Serra de San Mamede, o Val do Medo e a vila de Maceda completamente nevada. Xa teremos tempo pra peneirar aquela reportaxe albeira (doce fotografías), dunha tarde inesquecíbel que comezara no patio da…

Ler máis Ler máis

O ANDAZO DE 1918 EN MACEDA

O ANDAZO DE 1918 EN MACEDA

Coñeceuse como Gripe Española de 1918, por mor da liberdade de prensa eiquí, cunha Europa sumida na Gran Guerra e as conseguintes fake news dos belixerantes. Aquela pandemia fora superada por macedáns sobranceiros: o -futuro- cardeal Quiroga Palacios, o dirixente comunista Benigno Álvarez, o poeta Xosé Lois Parente, o líder guerrilleiro Gómez Gayoso, o presbítero ilustrado Manuel Vidal, o político Aureliano Ferreiro, o xurisconsulto Matías Bobillo… Outrosí por boa parte da xente do concello que daquela sobordaba os 5.000 habitantes,…

Ler máis Ler máis

NA HOMENAXE NACIONAL EN MACEDA A F. CARBALLO

NA HOMENAXE NACIONAL EN MACEDA A F. CARBALLO

O retrato do reporteiro gráfico Santi M. Amil, vencellado ao Grupo Voz, datámolo o 27 de decembro de 2014, cando tivemos a ben artellar a Homenaxe Nacional de Galiza a Francisco Carballo en Maceda, case un mes despois do seu pasamento en Santa Marta de Tormes (Salamanca), o 29 de novembro daquel ano. Fora adiante no Salón Multiusos que dispón para estes eventos o Concello de Maceda. Participaron o noso alcalde naquela altura, Xabier Oviedo; o portavoz nacional do BNG,…

Ler máis Ler máis