Navegación por
Categoría: miscelanea

O 25 DE XULLO ARREDOR DE MACEDA

O 25 DE XULLO ARREDOR DE MACEDA

Día da Patria Galega. Día de Galicia. Día do Santo Patrón das Españas. Festividade do Apóstolo Santiago… Nun só día poden entrar case todas as fasquías. Na órbita relixiosa en Maceda temos, abeirado ao 25 de xullo, ao Cardeal Quiroga Palacios, que protagonizou os Anos Santos de 1954, 1965 e 1971. Mesmo foi o impulsor iniciático do actual fenómeno Xacobeo. No plano arqueolóxico e literario temos ao presbítero ilustrado Manuel Vidal que escribiu tres libros arredor do universo Xacobeo e…

Ler máis Ler máis

ENTREVISTA EN SERMOS GALIZA ARREDOR DE CARBALLO

ENTREVISTA EN SERMOS GALIZA ARREDOR DE CARBALLO

Imos rescatar a cumprida entrevista telefónica que nos fixo, en outubro de 2018, co gallo do IV Roteiro “Os lugares de Francisco Carballo”, a xornalista e directora de Sermos Galiza [hogano de Nós Diario], María Obelleiro, que denantes traballara no staff d´ANT, e que o tratara e coñecía persoalmente. Titulouna “Rachar a débeda con Francisco Carballo”: “Medio cento de persoas participaron no roteiro cultural pola vila de Maceda para percorreren os lugares de Francisco Carballo cando van facer catro anos…

Ler máis Ler máis

DE MACEDA ÁS ILLAS AGALEGA

DE MACEDA ÁS ILLAS AGALEGA

A comezos de maio de 2012, o xornalista David Reinero púxose en contacto con nós, pois quería mergullarse na apaixonante aventura de João da Nova, para inserir unha reportaxe que axiña sairía con grande amplitude no xornal El País (8/V/2012). Quedamos con el nunha céntrica cafetería da Praza Roxa, eiquí en Compostela [na nosa xeira de estudantes chamábase o Mochi]. Levámoslle un exemplar do noso libro “João da Nova, un mariño galego ao servizo da Coroa de Portugal” (Prol, 2002)…

Ler máis Ler máis

CONVERSAS CON FRANCISCO CARBALLO

CONVERSAS CON FRANCISCO CARBALLO

Ao remate do ano 2000, o historiador Francisco Carballo impartiu con nós unha charla ao abeiro do centenario do nacemento do Cardeal Quiroga Palacios en Maceda. Logo fomos cear con el, o inquedo activista Bieito Seara, o doutor Celso Sánchez e nós mesmos, ao Restaurante do Alto do Couso [hogano os tres abandeiramos a Asociación Amigos de Francisco Carballo]. Ao remate da cea convencémolo para que fixese un libro de conversas con nós e co prestixioso xornalista Xan Carballa do…

Ler máis Ler máis

JOÃO DA NOVA, UN MARIÑO GALEGO AO SERVIZO DA COROA DE PORTUGAL

JOÃO DA NOVA, UN MARIÑO GALEGO AO SERVIZO DA COROA DE PORTUGAL

Un compromiso de por vida, ao que estaremos vencellados até o derradeiro día, é a vindicación de João da Nova [Xoán de Nóvoa para algúns] como un galego universal, o máis sobranceiro do século XVI e un dos grandes egrexios do que hogano poderiamos chamar Ourensanía. A nosa aventura comezara xa nos anos 70 do século XX cando leramos aquel breve texto sobre el en “Geografía General del Reino de Galicia” que xa amentamos nunha achega anterior. Logo, nos anos…

Ler máis Ler máis

BENIGNO ÁLVAREZ, UN COMUNISTA NA GALIZA DOS ANOS 30

BENIGNO ÁLVAREZ, UN COMUNISTA NA GALIZA DOS ANOS 30

Repararemos polo miúdo nesta bitácora sobre a figura de Benigno Álvarez e, por extensión, nos caídos e represaliados da contorna de Maceda logo do golpe militar de xullo de 1936. Mesmo contaremos como logramos localizar á súa filla, que semellaba finada nas publicacións imprentadas naquela altura, como nos achegamos [co malogrado amigo Antón Gómez e a súa compañeira Avelina Losada], até Aroles (Vega, Xixón) ao seu domicilio particular, como logramos facer a entrevista que logo apareceu no libro [Prol, 2008],…

Ler máis Ler máis