Navegación por
Categoría: miscelanea

VÍDEO HOMENAXE “FRANCISCO CARBALLO, SEMPRE NO CORAZÓN”

VÍDEO HOMENAXE “FRANCISCO CARBALLO, SEMPRE NO CORAZÓN”

Para a “Homenaxe de Galiza a Francisco Carballo”, que artellamos o 27 de decembro de 2014, no salón multiusos de Maceda, e da que xa falamos noutras achegas, o amigo editor, xornalista [e prestixioso fotoxornalista] Xan Carballa fixo un entrañábel vídeo, que xa leva unha morea de visitas e que xa penduramos [e penduraremos] outras veces nesta bitácora. Que mellor lembranza, co gallo do sétimo cabodano do pasamento de Francisco Carballo, que volver ollar este singular documento audiovisual. Graciñas mil…

Ler máis Ler máis

FRANCISCO CARBALLO, UN DOS IMPRESCINDÍBEIS

FRANCISCO CARBALLO, UN DOS IMPRESCINDÍBEIS

O escritor e teólogo Victorino Pérez Prieto publicou no núm. 15 de AREAL [14/10/2017], -a revista da Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo de Sada-, un sentido traballo. Imos recuperar desta volta anacos salientábeis da súa loa: “Francisco Carballo, cura, historiador, intelectual, profesor e home comprometido pastoral, social e politicamente co pobo galego, foi unha das figuras fundamentais na cultura e na sociedade galega contemporánea. Incansábel promotor de iniciativas. Tamén investigador e divulgador da Igrexa e a Historia de Galiza. O…

Ler máis Ler máis

O GLORIANA FAI A ROTA EN MEMORIA DE JOÃO DA NOVA

O GLORIANA FAI A ROTA EN MEMORIA DE JOÃO DA NOVA

Con este título, na sección da Hemeroteca do xornal La Voz de Galicia en Ourense [22/02/2018], lembran o comezo da viaxe do veleiro Gloriana, 20 anos antes, que procuraba “a rota dos portugueses”. Naquela altura nós estabamos investigando a fondo ao mariño da casa nobiliaria de Maceda, que callaría no pioneiro, sólido e referente volume “João da Nova, un mariño galego ao servizo da Coroa de Portugal” (Santiago Prol, 2002), que tivo a ben publicar a Deputación Provincial de Ourense….

Ler máis Ler máis

ENCONTROS NO MORRAZO

ENCONTROS NO MORRAZO

Logo da homenaxe que lle fixemos en Maceda, o 4 de agosto de 2000, que Francisco Carballo agradeceu fondamente “por vir dos que máis quero e por xestarse dende as miñas orixes”, os amigos que tiveramos a ben organizar aquel recoñecemento, decidimos manter, cando menos, un encontro anual co Paco Carballo [así lle chamaban Bieito e Celso, xunto con outra xente da súa órbita máis próxima]. Esta foto que penduramos na bitácora, datada nun restaurante do Morrazo o 5 de…

Ler máis Ler máis

RECUPERAR UN PERSOEIRO HISTÓRICO GALEGO

RECUPERAR UN PERSOEIRO HISTÓRICO GALEGO

Sempre que publicamos un libro, procuramos “movelo” nos medios de comunicación. A comezos de decembro de 2002, enviámoslle o noso volume “João da Nova, un mariño galego ao servizo da Coroa de Portugal” [Prol, 2002] á xornalista Concha Pino do staff de La Voz de Galicia en Santiago. Quedamos con ela nunha céntrica cafetaría abeirada á Praza Roxa eiquí en Compostela. Tamén viñera o reporteiro gráfico Xoán A. Soler, ao que lle regalaramos outro exemplar e que nos tirara a…

Ler máis Ler máis

A PRIMEIRA CASETE ARREDOR DE SIMON & GARFUNKEL

A PRIMEIRA CASETE ARREDOR DE SIMON & GARFUNKEL

Somos da xeración da televisión en branco e negro, a dos Chiripitifláuticos, Bonanza e o Virxiniano. A da bicicleta sen marchas nin casco, pero co “bombín” e co estoxo de coiro cos parches e ferramentas detrás do asento. Outrosí a xeración das casetes e os bolígrafos BIC, que mesmo empregabamos pra reparar as cintas. A primeira que tivemos foi unha de “Grandes éxitos de Simon & Garfunkel”, datada en 1972, interpretados por The Top of the Pops [versións de autores…

Ler máis Ler máis