17 DE AGOSTO, DÍA DA GALIZA MÁRTIR
Incorporamos desta volta a cantiga que o grupo A Quenlla fixo para conmemorar o Día da Galiza Mártir [incluído no álbum “Na boca unha cantiga” de 2008], cun vídeo moi evocador, mesmo con imaxes e verbas que chegan ao fondo dos corazóns das xentes de ben do Noso País. Macedáns nacionalistas do nivel de Francisco Carballo, Celso Sánchez e Bieito Seara sempre percibiron o 17 de agosto como o día da vindicación e da dignificación dos nosos caídos e represaliados…