Navegación por
Categoría: vieiros

JOSÉ PIÑEIRO, O INTRÉPIDO AVIADOR DO SEIXO

JOSÉ PIÑEIRO, O INTRÉPIDO AVIADOR DO SEIXO

Un pouco máis adiante da casa do pintor Bello Piñeiro, no número 168 da Avenida do Seixo en dirección ao peirao, atopamos a casa do aviador José Piñeiro, outro fillo egrexio do Seixo que nacera o 15 de decembro de 1878. Este aventureiro non tiña acougo. Estivo estudando o bacharelato no País Vasco [Donostia]. Viaxou a Cuba con 16 anos, en 1895, pra loitar a prol daquela colonia española [denantes do “desastre” de 1898]. Regresou ao ano seguinte da súa…

Ler máis Ler máis

ELIXIO RIVAS, REFERENTE NA INVESTIGACIÓN EN CLAVE NOSA [1925-2022]

ELIXIO RIVAS, REFERENTE NA INVESTIGACIÓN EN CLAVE NOSA [1925-2022]

O 24 de setembro deste 2022 falecía [con 97 anos de idade] en Santa Marta de Tormes [Salamanca] o egrexio investigador, referente pra todos nós, Elixio Rivas Quintas. A nova do pasamento comunicóunola o amigo José Juan Pérez Ramos onte a media mañá. Mesmo nos enviou un aquelado enlace do xornal La Región que ampliaba a información. Despois aparecería outro na mesma liña no xornal La Voz de Galicia. Estivemos con Elixio Rivas por última vez no mes de marzo…

Ler máis Ler máis

BELLO PIÑEIRO PINTOR SOBRANCEIRO

BELLO PIÑEIRO PINTOR SOBRANCEIRO

Sempre que imos até o Seixo -camiñando dende Maniños- reparamos uns intres na casa de Bello Piñeiro e na cumprida placa que está pendurada na fachada: “A Sociedade Cultural Amigos da Paisaxe Galega dedica este perenne recordo á memoria do ilustre pintor e publicista Felipe Bello Piñeiro, Precursor do Renacemento da Pintura Galega. O Seixo, 9/XII/52″. Con mágoa, cada vez que pasamos por alí, comprobamos que esa casa amosa un deterioro considerábel que vai a máis. Hai, dende 2019, un…

Ler máis Ler máis

BELLO PIÑEIRO ATORMENTADO

BELLO PIÑEIRO ATORMENTADO

Nunha entrevista do xornalista Luís Caparrós en La Voz de Galicia [6/IV/1951], cando Felipe Bello Piñeiro contaba con 65 anos de idade, preguntoulle se estaba solteiro, casado ou viúvo. O sobranceiro pintor do Seixo contestoulle que estaba “solteiro por dificultades de elección, pois as mulleres son demasiado guapas pra decidirse por ningunha”. Medio século despois logramos saber que as razóns do seu estado civil eran outras e que direccionaban cara a súa nai, dona Lola Piñeiro Toimil, e cara o…

Ler máis Ler máis

BELLO PIÑEIRO ESCRITOR

BELLO PIÑEIRO ESCRITOR

Aínda que este singular volume saíu impreso por primeira vez en 1922, no Boletín da Sociedade Española de Amigos da Arte en Madrid, nós adquirimos a 4ª edición do que, anos despois, tirou do prelo Edicións do Castro [1965, 1972, 1979 e 1997]. Naquela altura o ilustre pintor Bello Piñeiro estaba nunha das fases da súa vida máis intensa como activista en moitas frontes. Regresou de Madrid ao Seixo coa teima de “crearse unha posición eiquí” [Fraga Sampedro: 2004]. Entre…

Ler máis Ler máis

O PADRE SANTIAGO PROL NA LEMBRANZA

O PADRE SANTIAGO PROL NA LEMBRANZA

O 4 de agosto de 1968, día de feira grande en Maceda, desprazámonos até Santa Mariña de Bobadela a Pinta [Xunqueira de Ambía] pra acompañar ao noso parente, o padre Santiago Prol Díaz, na súa primeira misa na terra de orixe. Tiñamos nós naquela altura 7 anos de idade e el 27, a piques de cumprir os 28. Foramos coa nosa nai, coa tía Carmiña, con algunhas das nosas primas [da trintena que conformamos]. Todos amoreadiños nun autobús dende a…

Ler máis Ler máis