ESCOLMA DE BENS PATRIMONIAIS DE MACEDA
O Val do Medo conforma unha das zonas con maior concentración de achados paleolíticos de todo Ourense. A Arca do Medrollo, abeirada á aldea de Castro de Escuadro, semella un dos asentamentos primixenios da contorna. Outrosí dispomos de abondosos enterramentos prerromanos: Monte da Mámoa (Calvelo), Mámoas do Monte (Lamas), Mámoa de Tioira, Campo das Mámoas (Veiga), Francos, Xinzo da Costa… Tamén poboados castrexos: Malamao (Castro de Escuadro), Ventoso (San Mamede), Os Castrillós (Calveliño), Casarella (Xinzo da Costa), Santa Marta (Tioira),…