Navegación por
Autor: sprol

ARREDOR DO SANTUARIO DOS MILAGRES  DO MONTE MEDO (1)

ARREDOR DO SANTUARIO DOS MILAGRES  DO MONTE MEDO (1)

Houbo un Monte Medo pagán até o século IX, cunha grandísima explotación mineira abeirada [na época do Imperio Romano]. Logo un Monte Medo relixioso que chega até os nosos días, cun centro de culto mariano [maiormente dende o século XVIII], un dos máis concorridos de Galicia. Alí, ademais da visita de rigor aos espazos relixiosos, podemos achegarnos até o Carballo da Santa; unha árbore centenaria que pode sobordar os cincocentos anos e que aparece salientada na web www.patrimoniogalego.net; un carballo…

Ler máis Ler máis

A MAXIA DE SAN PEDRO DE ROCAS

A MAXIA DE SAN PEDRO DE ROCAS

Fomos até San Pedro de Rocas moreas de veces. A primeira xa de moi cativos cos nosos pais. Logo coas cuadrillas de Maceda no solpor da adolescencia e primeira xuventude. Iamos máis de 20 persoas no autobús de liña da Empresa Mangana, dende Maceda até o cruce cara San Pedro de Rocas en Esgos [9 km aprox.]. Despois subiamos andando até o cenobio [case 5 km máis] gozando da abraiante beleza daquela paisaxe… Alí pasamos xornadas completas de lecer os…

Ler máis Ler máis

13 DE FEBREIRO, DÍA INTERNACIONAL DA RADIO

13 DE FEBREIRO, DÍA INTERNACIONAL DA RADIO

Nese día de 1946 a ONU puxo a andar a radio das Nacións Unidas. Quen declarou o 13 de febreiro como Día Internacional da Radio foi a UNESCO. Na nosa casa tiñamos un aparello de radio con caixa de madeira da marca Inter [a que aparece na foto e que conservamos con moito agarimo no noso estudio eiquí en Compostela]. Nela escoitabamos “o parte” que, naquela altura do franquismo sociolóxico, levaba en exclusiva Radio Nacional de España e que todas…

Ler máis Ler máis

ESCOLAS VIAXEIRAS / CÁCERES

ESCOLAS VIAXEIRAS / CÁCERES

A mediados dos anos 80 do século pasado impartiamos aulas en Bembibre [A Coruña]. Naquela altura estaban de moda as Escolas Viaxeiras por todo o Estado español. 17 discentes de tres comunidades autónomas distintas visitarían unha provincia allea á súa comunidade. Compartirían vivencias culturais e turísticas ao longo dunha semana. Tocounos ir cos discentes de oitavo curso da nosa titoría a Cáceres. Como había un convenio do Ministerio de Educación con Renfe, os desprazamentos facíanse en tren e logo en…

Ler máis Ler máis

A CASA DE ANA FRANK

A CASA DE ANA FRANK

No verán de 2007 fixemos coa nosa familia un circuíto polo norte de Alemaña, Holanda e Bélxica. Naquela viaxe ía incluída unha estancia en Amsterdam un par de días. Aproveitamos pra ver a Casa de Ana Frank, un museo prá historia que nos impresionara moito aos catro. Coas entradas viña un libriño guía de 16 páxinas, no que aparecía o relato ilustrado do que sucedera naquela casa dende o 6 de xullo de 1942 até o 4 de agosto de…

Ler máis Ler máis

DÍA INTERNACIONAL DOS BEATLES

DÍA INTERNACIONAL DOS BEATLES

O 16 de xaneiro é a data que a “beatlemanía” lle recoñece a John Lennon, Paul McCartney, Ringo Starr e George Harrison. O noso profesor de Música da xeira universitaria, tamén era o director do Orfeón Unión Orensana, á par que organista oficial da Catedral de Ourense. Nalgunhas das excursións que faciamos con el no Orfeón, mesmo con actuacións alén do Padornelo e a Portugal, dicíanos o singular catedrático Xerardo Salgado Valdés, que os Beatles sabían moi ben o seu…

Ler máis Ler máis